Caderno de aula

Caderno de aula dos nenos e nenas de 5 anos do Ceip de Aguiño















miércoles, 27 de octubre de 2010

Participamos no certame "Queremos saudARTE"

A Universidade de Vigo convocou un certame de Arte Postal coa arte e a saúde como fíos condutores. O equipo de E. Infantil do noso centro decidiu participar nel creando diferentes obras que debían ser enviadas por correo postal. Así pois, na nosa aula fixemos 6 tarxetas coa técnica do collage nas que recortamos e pegamos imaxes de alimentos que favorecen que o noso corpo medre san e tamén de obxectos e produtos necesarios para a hixiene do mesmo.
Son estas:





Despois fomos en autobús ata a oficina de correos de Aguiño onde depositamos as nosas tarxetas no buzón para que cheguen canto antes á Universidade de Vigo porque con todas as postais que reciban van facer 3 exposicións (en Vigo, Ourense e Pontevedra) e ademáis entre todos os participantes sortearán diversos materiais culturais. A ver se temos sorte!
Unha vez que selamos as postais e lle pagamos á carteira, saimos ao parque para tomar o almorzo e xogar un pouquiño no parque do lado.
Aquí van as fotos da nosa primeira "excursión":


Aniversario de Naín

Moit@s aínda temos dous aniños pero antes de que remate o ano tod@s teremos tres. Hai uns días tocoulle o turno a Sergio que o celebrou con nós compartindo un riquísimo biscoito. Hoxe os parabéns son para Naín que trouxo un biscoito que era case máis grande que el!!!!!
Despois de comer o noso bocata tomamos un anaquiño de biscoito que estaba ben bó.
Non o credes? Aí van as probas









Os primeiros días na escola

Levamos pouco tempo na escola e aínda estamos dexubrindo todo o que hai nela pero das cousas que levamos visto o que máis nos gusta é xogar nos recantos, sobre todo no da casiña aínda que os puzzles tamén son dos nosos preferidos.

Recanto dos puzles


Recanto das construccións


Recanto do xogo simbólico






Despois de xogar temos que recoller todo e deixalo no seu sitio e aínda que iso xa non gusta tanto sempre o facemos porque dice a profe Teresa que se deixamos todo "ciscado" que logo o pisamos e rompe e así imos quedar sen cousiñas para xogar; tamén nos di que se se deixan as cousas no seu sitio sempre se sabe onde están.


Chega a hora do almorzo, hoxe toca tomar alimentos do grupo dos lácteos. Ai que caras cheas de iogur !!!!



Outro dos lugares que nos gusta moito, aínda que non a tod@s por igual, é o patio. Alí xogamos co bambán, dentro da casiña, subimos na moto, baixamos polo tobogán, xogamos cos caldeiros e palas,...


Mirade que ben o pasamos!


martes, 26 de octubre de 2010

O noso blogue

No noso blogue non só poderedes seguir a nosa andaina no Ceip de Aguiño, se mirades na marxe dereita veredes que hai diferentes seccións onde poderedes entrar.
Unha delas é "Blogues do Ceip de Aguiño", na que hai enlaces a todos os blogues que funcionan na actualidade no noso colexio.
Tamén temos a sección "Para as familias" con diferentes enlaces a páxinas que teñen información que pode ser do voso interese porque tratan temas que teñen que ver cos vosos fillos e fillas.
Outra sección e "Para ver e aprender", nela poderemos ver videos que traten temas sobre os que estamos investigando na escola e que podedes ver xunto cos vosos nenos e nenas na casa.
Tamén hai tempo "Para xogar" por medio de enlaces a páxinas que teñen xogos educativos .
Tanto as seccións como os seus contidos iranse ampliando pouco a pouco.
Outra opción que tendes é a de deixar comentarios en cada unha das entradas que se publiquen, só tendes que clicar enriba da palabra "comentario" e deixar a vosa mensaxe. Así que, xa sabedes!

lunes, 25 de octubre de 2010

Xa estamos aquí!

Ola a todos e todas! Somos @s pateir@s do Carreiro, ou o que é o mesmo, os nenos e nenas da aula de 3 anos do Ceip de Aguiño. Acabamos de comenzar os nosos pasos na E. Infantil e xa temos novos amigos e amigas, novos mestres e mestras, novos espazos, novos materiais,.... e aínda queda tanto por descubrir!
Pouquiño a pouco imos deixando atrás os choros dos primeiros días onde moitos de nós non entendiamos porque as nosas familias nos deixaban alí e marchaban e iso que decían que nos querían moito e nos enchían de bicos na fila!!!! Agora xa non nos acordan tanto porque sabemos que dentro da aula imos facer milleiros de cousas: contar contos, aprender poemiñas, cantar cancións, xogar nos recantos, ..... tantas e tantas actividades que nos ten preparadas a profe Teresa!!
Queredes velas? Pois estade atent@s ao noso blogue para non perder detalle.
Antes de despedirnos temos que dar as grazas a todas as familias que propuxeron nomes para este blogue: as navallas da Muralla, as sereas do Nordés, Raxiños de polbo,.... Decantarse por un ou outro era complicado pois todos eran moi bos, intentamos facer unha votación na aula pero... non nos aclarabamos, así que foi o azar o que decidiu que dende hoxe sexamos os pateir@s do Carreiro. Neste blogue teredes seguimento das andanzas dos vosos nenos e nenas na aula, do que estamos descubrindo, das saídas que realizamos, das visitas que recibimos,... Animámosvos a que deixedes comentarios cando visitedes. Milleiros de bicos para todos e todas.

Ata pronto!