Caderno de aula

Caderno de aula dos nenos e nenas de 5 anos do Ceip de Aguiño















sábado, 29 de enero de 2011

30 de xaneiro. Día escolar pola PAZ

Onte, domingo, conmemorouse o Día escolar pola Paz, por iso a profe Teresa propuxo hoxe no faladoiro que dixeramos que cousas non nos deixan ter paz: enfadarse cos amig@s, que non che presten os xoguetes, que che tiren areas no patio,... contounos tamén que en todo o mundo hai varios símbolos para representar a paz, e un deles é a pomba branca.
Grazas a internet puidemos escoitar o conto "Wangari e as árbores da paz" contado polos nenos e nenas do colexio de Cespón (moitas grazas por compartir este traballo con nós)


Preme aquí para escoitar o conto

E como na nosa aula tiñamos unha árbore que quedara sen ningunha folla por culpa do inverno, decidimos facer pombas da paz e pegalas nas súas polas baleiras.
Mirade que chulo quedou!



Como non nos dou tempo a escoitar a canción "Verdad que sería estupendo" do grupo Cómplices, aquí vola deixo para que a podades disfrutar cando queirades

miércoles, 26 de enero de 2011

Materiais vellos, xoguetes novos

Como ben sabedes, estes días andamos a voltas cos xogos e xoguetes e, tratando de seguir o exemplo do señor Apalpador, decidimos construir xoguetes a partir de materiais de refugallo. Para iso fomos xuntando as botellas baleiras de 1,5l. de auga e as pintamos con tempera








Logo xuntamos, facendo unha bola, todo o papel de aluminio co que traemos envoltos os bocadillos que comemos os mércores antes de sair ao patio




Agora xa non quedaba máis que ir disfrutar do noso novo xogo ao ximnasio






miércoles, 19 de enero de 2011

Xogamos cos nomes

Hoxe a profe, despois de pasar lista, nos propuxo xogar coas tarxetas dos nosos nomes compoñendo con elas debuxos. Poñendoas nunha orde concreta semellaban unha casa, un sol,...





Todo isto viña a conto porque unha das actividades que imos facer dentro do proxecto ARCE é facer caligramas cos nosos nomes para mandar aos colexios de Asturias, Lleida e Valencia que están con nós neste proxecto.
Un caligrama é un poema visual no que as palabras "debuxan" ou conforman unha personaxe, un animal, unha paisaxe ou cualquer obxecto imaxinable. Debemos ao poeta vanguandista Guillaume Apollinaire a moda da creación deste tipo de poemas visuais no seculo XX. A influencia de Apollinaire na poesía posterior a 1918 supuxo a creación de numerosos exemplos de poemas visuais en diversas linguas e culturas.





Así pois, nos dispuxemos a crear o noso caligrama e eleximos que tivera forma de dorna, que é como ben sabedes unha embarcación típica da nosa zona.
Para facelo, a profe Teresa imprimiu o enderezo en internet do noso blogue, o curso no que estamos, o nivel que cursamos en E.I e os nosos nomes. Despois cortamolos en pequenos rectángulos e os fomos pegando sobre a silueta dunha dorna. A profe puxo as primeiras palabras



e despois un a un fomos pegando os nosos nomes








E este é o resultado

lunes, 17 de enero de 2011

Novos barcos para xogar no patio

Hai xa algunhas semanas as mestras de E. infantil propuxeron ás nosas familias que fixeran uns listados con nomes de peixes que se pescaran na nosa costa ou nas costas onde van moitos dos homes das nosas familias. O fin daqueles listas era ter nomes cos que bautizar aos novos barcos que chegaron á escola para que todos e todas disfrutemos no patio cos xogos na area.
Os nomes elexidos foron xouba, sardiña, maragota, serrán, rapante, lirio, xarda,...
Mirade que chulos quedaron!








e agora a xogar con eles no patio






domingo, 16 de enero de 2011

Xogos e xoguetes

Estes días andamos traballando na aula sobre os xogos e os xoguetes, o que temos que facer con eles (compartilos, coidalos,...) e o que non debemos facer (rompelos, deixalos tirados en calquera lugar,...).
Os mellores xoguetes non teñen que ser os máis caros que haxa na tenda, ás veces disfrutamos moito máis cun pauciño e unhas pedras, o importante é compartir ese momento de xogo con algúen.
Temén estamos lendo contos nos que os seus protagonistas son xoguetes que non sempre son tratados polos seus don@s como deberan. Un deles é "O soldadiño de chumbo"; para que sigades disfrutando del aquí vos deixo unha adapatación deste conto clásico de Andersen que está ambientado no museo do xoguete de Allariz (Ourense)

martes, 11 de enero de 2011

Novo ano, novos aniversarios

Este ano que acaba de comezar será para todos nós moi especial porque ao longo dos seus doce meses todos e todas imos cumplir 4 anos.
Os primeiros en inaugurar este novo panel dos que TEÑEN 4 ANOS son Andrea e Anxo, pero ainda que o ano é novo os costumes son vellos e por iso seguimos poñendo a vela no mural, cantarlle os parabéns despois de soplar as velas e logo compartir os biscoitos que , coma sempre, estaban BOÍSIMOS.
















lunes, 10 de enero de 2011

Benvido 2011! Benvidos os agasallos !

Hoxe é o primeiro día de clase despois das vacacións de Nadal; foron moitos días para xogar na casa cos nosos amigos/as e familiares cos regalos que nos trouxeron Papá Noel, o señor Apalpador, os Reis Magos,... pero o que nos non sabiamos era que a profe Teresa lles escribira unhas cartas no noso nome para que tamén nos trouxeran algo para o cole. Entenderedes a sorpresa que levamos cando entramos na aula e vimos isto




Seguro que pensachedes que nos tiramos coma toliñ@s enriba deles para ver quen os abría antes,eh? pois non! Quedamos coa boca aberta mentras a profe Teresa collía os sobres que estaban pegados nos paquetes. Unha desas cartas era de Papá Noel e dicía que nos deixaba uns agasallos para xogar e outros para aprender, que de todo hai que facer no cole. Aí estamos abrindo os paquetes, que será, será..?














Despois a profe colleu a carta do señor Apalpador pero Uxía quixo lela ela soa



Na carta decía que era un regalo moi especial porque o fixera el coas súas mans aló nas montañas do Caurel. Que será, será,...?









Por suposto, ainda que só algúns abriron os paquetes, os agasallos son PARA TODOS E TODAS e os imos compartir e non pelexar por eles.
Sergio non tardou en probar que ben se len os libros que trouxo Papá Noel sentado nas sillas de vimbio que fixo o señor Apalpador para nós




MOITISIMAS GRAZAAASSS!!!!!!