Caderno de aula

Caderno de aula dos nenos e nenas de 5 anos do Ceip de Aguiño















lunes, 28 de febrero de 2011

Día do peluche

Hoxe luns celebramos o día do peluche e todos e todas estabamos guapísim@s coas nosas perrucas multicolores, había de todos os estilos: rizas, lisas, longas, curtas,...!!!!
Tamén trouxemos os nosos peluches favoritos e a aula encheuse de elefantes, canciños, osiños, ... ata estaba Dora a exploradora!!!

Mirade que guap@s estamos. Sodes quen de recoñecernos?

domingo, 27 de febrero de 2011

Obradoiro de disfraces

Grazas a todas as familias que acudiron ao obradoiro de disfraces de Entroido, un bo exemplo de traballo cooperativo para os nosos nenos e nenas!!! Nunha aula uns e unhas a cortar circulos, noutra aula outros e outras a sobrefiar con rafia, noutra aula a debuxar trisqueis e espirais,....
Sen a vosa axuda non teríamos listos os medallóns de poderes en apenas 2 horas!!! Que marabilla ver a pais e nais colaborando nas tareas da escola!!!
MOITISIMAS GRAZAS A TODOS E TODAS!!!



sábado, 26 de febrero de 2011

Saída ao Dolmen de Axeitos

Como ben sabedes, no noso centro estase a desenvolver un proxecto de innovación en dinamización lingüística ( premiado pola Consellería de Educación) que leva por título "Onde a terra acaba e o mar começa" e no que se investiga sobre diferentes etapas históricas.

Para coñecer algo máis da etapa do megalitismo, hoxe fomos visitar o Dolmen de Axeitos. Previamente na aula preparamos a saída buscando información e imaxes del na internet. Así descubrimos que era un monumento funerario e non unha casiña para vivir como pensaban algúns/algunhas de nós.
Alí puidemos entrar e tratamos de descubrir un petroglifo con forma de peixe nunha desas grandes pedras que conforman o monumento.
Mirade como o buscamos







viernes, 25 de febrero de 2011

Entroido surrealista no Ceip de Aguiño

Nesta semana de Entroido, o equipo de E. infantil pide, de novo, a vosa colaboración para levar a cabo unha actividade que enlaza co surrealismo. Nesta corrente artística os/as artistas, moitas veces expresan as súas emocións e sentimentos a través de obxectos da vida cotiá. Estes obxectos cobran vida e significados novos, p.ex. unha zapatilla pode ser un teléfono, un caldeiro pode ser un sombreiro,..

Para poder levar a cabo a actividade pedimosvos que os nenos/as traian ás aulas os seguintes obxectos:
LUNS 28: DÍA DO PELUCHE. Traerán un peluche e unha perruca na cabeza.
MARTES 1: DÍA DA CAIXA. Traerán unha caixa de zapatos baleira e un bigote pintado na cara.
MÉRCORES 2: DÍA DA VERZA. Traerán unha verdura ou hortaliza e un sombreiro posto.
XOVES 3: DÍA DO OBXECTO SECRETO. Traerán un obxecto (que non sexa fráxil, que non sexa valioso, que o podan manipular) envolto nunha tea e non o descubrirán ata chegar ás aulas.
VENRES 4: DÍA DO PASARRÚAS. Realizaremos o tradicional pasarrúas por Aguiño co noso disfrace de feiticeiro celta.


Como sempre, agradecemos de antemán a vosa colaboración

jueves, 24 de febrero de 2011

Investigamos sobre os alimentos

Durante estas últimas semanas estivemos traballando sobre os alimentos. Falamos do que tomamos para almorzar na casa, do que traemos para "petiscar" no cole, do que nos gusta moito, do que non nos gusta nada,... Lemos moitos contos que tiñan relacion cos alimentos, como estes




Unha das actividades que fixemos foi agrupar e clasificar alimentos. Coa axuda de folletos de publicidade dos supermercados seleccionamos e recortamos imaxes de alimentos ( ai! que a fregona e o caldeiro non son para comer!!! ) e despois os clasificamos por grupos: froitas, carnes, peixes e mariscos, lácteos,... e por último pegamos estas imaxes no mural correspondente










Tamén vimos videos en internet sobre a elaboración das conservas, este traballo non nos é de todo descoñecido porque algunha das nosas nais traballan nesas fábricas a limpar, cortar e poñer o peixe nas latas


Agora xa sabemos que os ovos veñen das galiñas e como di Xacobe "se non quitamos os ovos... ven a quica vella e os tira abaixo" e logo non podemos facer a tortilla; tamén di Sergio que se queremos xamón ou chourizo "témosllo que pedir ao porco", e que para que poidamos comprar o leite no super di Juan que "ten que ir o granxeiro e levala alí despois de quitarlla ás vacas".

Tamén escoitamos as rimas da señora galiña, que foi ao mercado e trouxo un cestiño ..... Aquí vola deixo por se a queredes aprender

miércoles, 23 de febrero de 2011

Aniversario de Noa

Pouco a pouco @s pateir@s van enchendo o mural dos que xa TEÑEN 4 ANOS. Hoxe tocoulle o turno a Noa que, para celebralo, trouxo un biscoito feito por ela e máis a súa avoa. Por suposto estaba boíiiiisimo, mirade que boa conta damos del!!!






sábado, 19 de febrero de 2011

As mochilas viaxeiras inician a súa andaina

Dende a biblioteca do noso Ceip chegan as "mochilas viaxeiras", nelas hai unha coidada selección de fondos para que os poidamos disfrutar na casa coas nosas familias. As mochilas teñen contidos axeitados para todos os membros da familia, non pensedes que só teñen cousiñas para nen@s: hai libros de contos, películas infantiles, cd de xogos para o ordenador, libros para as familias,... Tamén teñen un caderno de apuntamentos para que as familias podan valorar a actividade: se a selección de contidos lles parece axeitada, se a actividade lles parece motivadora,... Cada neno/a levará a mochila o venres e a traerá de volta o venres seguinte para que outras familias a podan disfrutar.
Esta semana levan a mochila Ana e Alejandro. Mirade que contentos están

viernes, 18 de febrero de 2011

Aniversario de Yanailet

Ainda que o tempo non está para moitas festas, nos non iamos deixar de celebrar o aniversario dunha das nosas compañeiras. Hoxe Yanailet cumple 4 anos e compartiu con nós un riquísimo biscoito despois de que tod@s lle desexaramos os parabéns.





miércoles, 9 de febrero de 2011

Pedro, un neno da prehistoria

Non sei se sabedes que no noso centro estase a desenvolver un proxecto de innovación en dinamizacion linguistica co nome "Onde a terra acaba e o mar começa". Nel tomando a propia historia local como referente, estase a investigar sobre os primeiros estratos na liña cronolóxica, focalizando neste curso a atención en tres etapas históricas como primeiro achegamento á evolución da nosa identidade: a cultura megalítica, a cultura castrexa e a romanización

Para que vaiades coñecendo algo da etapa prehistorica aquí vos deixo este contiño:


martes, 8 de febrero de 2011

Aniversario de Iago

Pouco a pouco @s pateiros van cumplindo un ano máis; hoxe tocoulle o turno a Iago, que dende hoxe xa pertence ao "clube" dos que xa teñen 4


E claro, un aniversario sen biscoito non é tal.Así que puxemos as catro candeíñas e a sopraaaarrrr!!!



Para non perder o costume o biscoito de hoxe estaba riquiiiiiiisimo, mirade que boa conta damos del


lunes, 7 de febrero de 2011

Contacontos da editorial Kalandraka

Hoxe as mestras de E. Infantil nos tiñan preparada unha sorpresa: ían vir Patricia e Alex, os contacontos da editorial Kalandraka a cantarnos e contarnos algún dos contos que fan na súa "fábrica". Desfrutamos das aventuras de Xirafa e Crocodilo, da historia dun becho extraño que acababa e volvía a empezar e tamén dun crocodilo que tanto comeu que estoupou.

Ademáis enseñaronnos moitos instrumentos musicais, algúns xa coñecidos porque tamén os ten o profe Telmo como o acordeón, pero outros que nunca viramos como o berimbau, a frauta de émbolo,.. . Mirade que ben o pasamos












domingo, 6 de febrero de 2011

Na aula de informática

Neste cole temos de todo!!! Aula de audiovisuais onde ver películas, biblioteca onde ler contos e buscar información, ximnasio e pavillón polideportivo onde facer xogos para que o noso corpo medre forte e san, aula de Artística onde dar renda solta á nosa creatividade, aula de Música onde cantar e danzar, aula de informática onde achegarnos ás TIC,... e o mellor é ......
QUE AS USAMOS TODAAASSSSS!!!!!
Haberá outros coles con nen@s tan afortunados como nos ?
Dende hai varias semanas os venres imos á aula de informática para achegarnos ao uso dos ordenadores. Ao primeiro costounos un pouco facernos co rato, a verdade é que era dificil collelo coas nosas manciñas!!! e clicarlle no botón esquerdo sen facelo no dereito , ufff!!! pero pouco a pouco aprendemos a mover o rato, a clicar e arrastrar imaxes,... Cando subimos á aula de informática a profe Teresa ao tempo que xogamos sen darnos de conta aprendemos a asociar cantidade e número, a recoñecer as formas xeométricas planas,... pero o que máis nos gusta é colorear imaxes. Mirade que traballiños pasabamos ao principio:






E mirade agora , xa somos uns expert@s!!!!!!