Caderno de aula

Caderno de aula dos nenos e nenas de 5 anos do Ceip de Aguiño















jueves, 28 de abril de 2011

Inauguramos a nova biblioteca!!!

A profe xa nos contara de que hoxe se celebraba o día do libro e que ía ser un día especial e vaia que foi!!!
Despois do recreo apareceron na nosa aula a mascota da biblioteca , a rata Honorata e o seu amigo o frautista Bautista que nos viñan a convidar á inauguración da nova bibloteca do cole. E claro está, alá fomos.
Que bonita é! Que grande! Cantos libros imos ler alí!!!!!!
Todos e todas sentados no chan escoitamos a historia que nos contaron Honorata e Bautista





Despois a ANPA convidounos a un petisco, carrapito e refresco de laranxa



e antes de marchar para casa agasalláronnos cunha bolsa chulísima para levar libros da biblioteca, cun marcapáxinas e con este precioso autocolante



Foi, ou non un día especial?

miércoles, 27 de abril de 2011

Aniversario de Marta

Pois si! Hoxe tamén estivemos de festa na aula celebrando o aniversario de Marta.

Agora que xa ten 4 anos hai que cambiar a vela de mural



e poir iso encendemos 4 velas no biscoito que trouxo para compartir con todos e todas



e claro, estas velas hai que apagalas soprando moi, moi forte




PARABÉNS COMPAÑEIRA E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS!!!!!

martes, 26 de abril de 2011

Aniversario de Naia

De volta ao cole e xa de festa!!!
É que hoxe celebramos na aula que Naia xa ten 4 anos



Como sempre, despois de soprar as velas e cantarlle os parabéns, a nosa amiga compartiu con todos e todas un riquísimo biscoito






E por aí van dicindo quen mañá temos outro aniversario na aula, de quen será?....

viernes, 15 de abril de 2011

Ata sempre Yanailet!

Como pudechedes escoitar nun dos videos da entrada anterior, a nosa compañeira Yanailet xa non está no cole de Aguiño. Levabamos moitos días poñendo o seu nome no lugar dos nenos e nenas que ese día non estaban no cole (na casa) pero agora xa non o poñeremos máis pois Yanailet marchou a vivir a Coruña e alí xa está nun cole novo. Esperamos compañeira que non te esquezas dos teus compañeiros e compañeiras de Aguiño e que calquera día nos veñas dar unha visita.

jueves, 14 de abril de 2011

Temos Encerado Dixital Interactivo!!!!!

Que sorte temos de estar no Ceip de Aguiño!!!! Dende hai unhas semanas TODAS AS AULAS DE INFANTIL teñen o seu propio encerado dixital interactivo(EDI).!!!! Non sabedes que tantas cousas podemos facer nel con tan só mover un dedo!!! Estes días a profe Teresa deseñou unha actividade nel coa que podemos compoñer os nosos nomes e ata "pasar lista" e ver quen está no cole e os que quedaron na casa. Tamén miramos o calendario , xogamos , accedemos a internet para consultar calquer tema que esteamos investigando na aula, proxectamos películas, .... tantas e tantas cousas que se poden facer nel!!! Para mostra, un botón: Aquí vos quedan uns vídeos para que vexades como son os nosos primeiros pasos no EDI



lunes, 11 de abril de 2011

Aniversario de Carla

Empeza a semana e unha das nosas compañeiras estrena nova idade, é Carla que xa cumpliu 4 anos e como sempre quixo celebralo con todos e todas na aula.
Antes de nada, foi cambiar a vela ao mural dos cumples



despois colleu folgos e soprou todas as velas





E tras cantarlle os parabéns só quedaba compartir este riquísimo biscoito que fixo a súa nai con todo o seu cariño. PARABÉNS CARLA!!!!