Caderno de aula

Caderno de aula dos nenos e nenas de 5 anos do Ceip de Aguiño















martes, 31 de mayo de 2011

Obradoiro coas familias

Que tarde tan especial a que tivemos hoxe!!!
As nosas familias viñeron á escola!!!
Foi xenial, sentáronse nas nosas sillas e traballamos xuntos nunha actividade para compartir cos nenos e nenas do centro ARCE de La font de la Figuera(Valencia) á que lle chamamos "Palabras andarinas". Esta actividade consistía en debuxar as nosas pegadas e escribir nelas palabras en galego para enviarllas a Valencia e que así conozan algo máis da nosa fermosa lingua.
Mirade como os maiores debuxan as pegadas dos cativos e ao revés






Despois as recortamos e escribimos palabras tan bonitas como BOLBORETA, MENCER, XOANIÑA,.....






Despois a profe explicoulle ás nosas familias como usabamos a pizarra dixital todos os días na aula: para compoñer nomes, para pasar lista, para elexir recantos de xogo, para mirar o calendario, para proxectar contos, para realizar actividades de arte, para actividades musicais,..... e tamén para xogar e divertirnos. Mirade que ben o pasan as nosas familias bailando con Elmo!!!






por se queredes repetir a experiencia nas vosas casas aquí van os enlaces a todas as páxinas que utilizamos na aula, pero ollo!! que as pantallas de ordenador das vosas casas non son "máxicas"!!! así que por moito que apretedes co dediño nelas non van funcionar como a da aula, teredes que empregar o rato.
Premede aquí e .... a xogar!!

pizarra máxica


Traviata de Verdi

cabalos cantores

pintamos como Jackson Pollock

castelos de area

zoo de letras

bailamos con Elmo

lunes, 30 de mayo de 2011

Aniversario de Breixo

Hoxe o noso compañeiro Breixo cumpliu 4 anos!!!
Mirade que contento estaba ao poñer a súa vela no mural dos que "xa teñen 4"



e como sempre, a soplar a vela e a desfrutar deste riquísimo biscoito !!!!



PARABENSSSSS!!!!!

sábado, 28 de mayo de 2011

O noso primeiro caderno de Galicia

Como ben sabedes, levamos todo o curso falando dos nosos amigos e amigas de La font de la Figuera (Valencia) aos que coñecimos grazas ao proxecto ARCE "Tece-redes". Eles e elas enviáronos moitos traballos para que coñeceramos as características da súa comunidade (un traxe de fallera, unha paella, libros ,...) e aínda que dende o cole xa se lle teñen mandado moitas cousas para que nos coñezan un pouquiño mellor, dende a nosa aula de 3 anos quixemos mandarlle aos nenos e nenas de 3 anos valencians, un pequeno caderno feito por todos e todas nos que se reflexe a nosa bandeira, o noso escudo, algunhas tradicións, pratos típicos, a nosa arquitectura,...
Velaquí o tendes

viernes, 20 de mayo de 2011

Os nenos e nenas da EEI A Capela veñen visitarnos

Hoxe viñeron visitarnos os nenos e nenas da EEI A Capela xunto coas súas profes Susana e Rosa e claro, sempre que ven un convidado intentamos que se sinta como se estivera na súa casa.
Cando chegaron, a profe Vanesa ensinoulles como era o cole por dentro, tan distinto ao seu, "tan grande" decían eles e elas. Despois xuntámonos todos e todas na biblioteca e alí a profe Teresa contounos o conto "A pota que trota" mentres se proxectaban as imaxes na pantalla




Despois os nenos e nenas de 4 e 5 anos desfilaron cos monicreques que fixeron coa axuda das súas familias ao son do "pirimpimpin"





Pero o que nós non sabiamos era que os nenos e nenas de Carreira tamén tiñan un agasallo para nós pois a profe Rosa contounos un conto que fixeron na súa escola e que se titula "O cumple da mosca chosca" e no que eles e elas son os protagonistas!!!!



e tamén nos trouxeron un conto en powerpoint titulado "Croco" e no que os narradores eran eles e elas!!!



Despois fomos todos e todas ao patio, sentámonos facendo un gran círculo e almorzamos galletas. Ao acabar tod@s xunt@s fomos xogar ao patio.
Esperamos que os nenos e nenas de A Capela disfrutaran este día con nós. Calquera día aparecemos nós en Carreira para devolverlles a visita.

miércoles, 11 de mayo de 2011

Visitamos unha exposición de arte no IES Leliadoura

Hoxe fomos ao instituto Leliadoura a visitar unha exposición de arte con obras realizadas por nenos e nenas coma nós da Pobra do Caramiñal. Como eramos moitos para visitala tod@s ao mesmo tempo, fixemos dous grupos e mentres uns miraban a exposición outros seguindo as pegadas do chan, chegamos á biblioteca




Cantas cousiñas había nela!!!
Mira que aínda que era para nenos e nenas máis grandes ca nós tamén tiñan algúns libros dos que nos gustan a nós como "Orellas de bolboreta", "Nadarín",...pero tamén películas, ordenadores,...
Mirade





Tamén vistamos unha aula na que axudan a nenos e nenas que necesitan atención especial, e xogamos coas cousas que alí había como esta tenda con bolas de plástico





Despois, se queríamos entrar na exposición tiñamos que facelo xogando á peletra!!!




Dentro daquela sá había figuras preciosas pero que non sabíamos que representaban.






Mónica explicounos que eran "cronopios" , seres que aparecen nalgunhas obras do escritor argentino Julio Cortázar e que cada neno e nena da escola de Vilariño de A Pobra representou da forma que eles e elas os imaxinaban: con varios ollos, con tres bocas, con moitas patas, sen orellas,...Todo isto o fixo proxectando fotos de como os nenos e nenas os foron fabricando




Despois propúxonos un xogo que consistía en buscar o cronopio que se axustaba ao que ela ía dicindo e se o adiviñabamos había de darnos moedas de chocolate do pirata Leliadouro!!!!




Para rematar as profes Teresa e Vanesa representaron diversos encontros de cronopios e famas con leóns, cóndores,...





Despois de darlle as grazas a Mónica, marchamos camiñando ata o parque periurbano de San Roque



e tras tomar un petisco, xogamos no anfiteatro, e ata bailamos no escenario!!!








Pasámolo xenial!!!

domingo, 8 de mayo de 2011

A casa da mosca chosca

Un dos contos preferidos da rata Honorata é "A casa da mosca chosca" ; para que todos e todas o podades disfrutar na casa aí vos deixo un libro de actividades LIM
no que poderedes reler o conto e tamén realizar actividades coa axuda da vosa familia.


miércoles, 4 de mayo de 2011

Recibimos un agasallo !!!!!

Hoxe recibimos un agasallo moi especial. A mascota da nosa biblioteca, a rata Honorata, mandounos un paquetiño cos seus libros preferidos. Mirade cantos!!!



e claro, faltounos tempo para collelos e miralos





que ganas temos de que chegue mañá a hora do conto para que a profe Teresa nos lea un, ou dous, ou tres, ou catro ....

martes, 3 de mayo de 2011

Aniversario de Alejandro

Os pateiros non paran de medrar!!!!
Hoxe celebramos na aula o aniversario de Alejandro que despois cambiar a vela para o mural dos que teñen 4 anos, soprou as 4 velas que estaban acesas no biscoito que trouxo para compartir con todos nós.







PARABÉNS COMPAÑEIRO E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS!!!!