Caderno de aula

Caderno de aula dos nenos e nenas de 5 anos do Ceip de Aguiño















miércoles, 22 de junio de 2011

FESTA FIN DE CURSO!!!!!

Hoxe acaba o coleeee!!!!!

Que ganas temos de vacacións!!!!
A verdade é que nos encanta estar na escola pero agora xa iamos un pouco cans@s, levamos dende setembro investigando, descubrindo, soñando, compartindo,....e só temos 3 anos !!! (bueno algúns xa fixeron os 4)
Agora toca quedar na cama pola mañá cedo, ir á praia pola tarde coa familia e os amig@s, comer moitos xeados e ir ás festas!!!
Como era o último días os nosos mestres e mestras organizaron unha xincana con actividades como as sillas musicais no pavillón, maquillaxe na entrada de Infantil, culler-noz na entrada de Primaria, pintura no muro, baile na aula de música, circuito no ximnasio, o verme no patio de infantil, globos de auga na pista de futbol... en total eran 10 actividades polas que tivemos que ir pasando organizados en grupos nos que había nenos e nenas de todas as idades e niveles.












Para cando acabamos de pasar por todos estes xogos tiñamos tanta calor que os mestres e mestras repartiron xeados para todos e todas








Que pasedes un verán estupendo, ide á praia, xogade cos amigos e amigas, ......

VÉMONOS EN SETEMBRO.




MILLEIROS DE BICOS !!!!!!!!

lunes, 20 de junio de 2011

Saida á Couso

Despois de tela suspendido o venres hoxe decidímonos e fomos ata Couso para disfrutar da praia de Area Basta. Collemos os nosos caldeiros e palas e o autobús levounos ata o merendeiro onde xogamos a coller piñas, a buscar area "da negra",...







Cansos como estabamos collemos folgos comendo as típicas galletas





e despois comezamos a andar cara á praia de Area Basta pero .... comezou a chuviñar e tivemos que volver para a escola. Pero non pasa nada, para o vindeiro curso volveremos a intentalo!!!!


viernes, 3 de junio de 2011

Xornada de convivencia no CRA de Rianxo

É que non paramos!!! Onte cine e hoxe saída a Rianxo!!!
Como xa sabedes hai uns días foron os nenos e nenas da EEI A Capela os/as que viñeron coñecernos e pasar unha mañá de convivencia no noso cole , pois hoxe fomos nós os/as que nos desprazamos ata Rianxo aceptando o ofrecemento das mestras Sara e Silvia da EEI de Outeiro en Rianxo.

Coñecemos a outros nenos e nenas que compartiron con nós os seus xoguetes e nós con eles e elas o noso almorzo.
Todo neste fermoso patio con tantas árbores!!!


jueves, 2 de junio de 2011

Cine castrexo

Hoxe asistimos a unha sesión de cine moi especial tras recibir unha misteriosa carta na que nos preguntaban polo nome das praias de Aguiño e tamén unhas entradas que decían "cine castrexo".
De alí a un pouco chegou un "acomodador" a buscarnos á aula e antes de entrar na sala de audiovisuais, tivemos que darlle as entradas




A sala estaba moi obscura pero o "acomodador" axudounos encendeno a súa lanterna para indicarnos o asiento que tiñamos que ocupar



Sentada diante da pantalla de proxección estaba unha muller vestida con roupas moi extrañas, como da época en que vivían os castrexos e castrexas.
Ela contounos que lle gustaban moito as nosas praias da Catía e do Castro pero que non sabía por que lles puxeran ese nome. Un amigo seu, o capitán Benito, díxolle que dentro dun paquete que lle dou, estaba a solución á súa pregunta. Pero, que habería nese paquete?





Isto era o que había , un cd que tiña ....




.... pois tiña a historia de Catía, unha rapaza que vivía nun castro ao borde do mar e que un día recibiu a visita das deusas para advertirlle que os homes do seu poboado estaban a acabar con todo o peixe do mar.
As deusas enfadadas mandaron unha tormenta de area que cubriu todo o castro pero afortunadamente Catía conseguíu salvarse coa axuda dos sanxoáns que a suxeitaron para que non afundira na area. Dende entón , a finais do mes de xuño sempre hai sanxoáns que veñen cada ano para que recordemos o que fixeron as deusas enfadadas por culpa daqueles homes que querían acabar con todo o peixe do mar.





Pero ademáis de escoitar esta historia, tamén fixemos xogos na pizarra dixital nos que tiñamos que compoñer o nome de Catía, ordear as secuencias da historia, debuxar o colar que tiña Catía,....





O mellor de todo é que nos vai deixar o cd para que poidamos escoitar a historia de Catía e xogar con ela sempre que queiramos. Xenial!!