Caderno de aula
Caderno de aula dos nenos e nenas de 5 anos do Ceip de Aguiño
viernes, 21 de septiembre de 2012
A princesa do Caurel
Neste curso, como nos anteriores, imos escoitar e ler moitos contos. Algúns terán protagonistas animais pero outros terán como protagonistas a zapateiros, pallasos, reis e raiñas, bruxas,... O de hoxe ten como protagonista a unha princesa que vivía alá polas fermosas terras do Caurel. Se queres volver a esocitalo , pídelle a túa familia que che leven á biblioteca do cole polas tardes (luns, mércores e xoves, de outubro a maio)e lévao en préstamo para casa. Mentres podes xogar coa princesa e os demais personaxes que aparecen no conto premendo aquí
viernes, 14 de septiembre de 2012
Reunión coas familias
Dende aquí lembrar que o vindeiro martes 18 de setembro haberá unha reunión coas familias ás 16h. na aula. Falaremos de temas relacionados co inicio de curso (horarios, material, normas da aula,...). Como sempre pedimos que intentedes vir sen os vosos fillos e fillas. Grazas pola vosa colaboración.
jueves, 13 de septiembre de 2012
Unha eiruga moi larpeira
Pero como medrastes dende que rematastes o cole en xuño!!!! parece que comestes moito no verán, case tanto como a eiruga do conto de Eric Carle ...
Se queredes volver a ler o conto só tendes que acudir a biblioteca do cole polas tardes e poderedes levalo para casa en préstamo (lembrade levar os carnets de socios/as), pero de momento podedes xogar dende a casa coas súas personaxes premendo aquí
domingo, 9 de septiembre de 2012
Volvemos ao coleeeee!!!!!!!!
Xa quedan poucos días para volver ao cole,xa sei que moitos e moitas o estades desexando. Claro, é que este ano seremos da aula de 5 anos!!!!
Como sempre o novo curso virá cargado de novidades que pouco a pouco iremos descubrindo pero ainda teredes que agardar ata o xoves 13, que ninguén veña o 12 porque o cole estará pechado por ser festivo local!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)