Caderno de aula

Caderno de aula dos nenos e nenas de 5 anos do Ceip de Aguiño















miércoles, 14 de noviembre de 2012

Nunca máis

"Nunca máis. A ollada da infancia" foi o libro que publicou a editorial Kalandraka cos traballos de nenos e nenas que viviron hai 10 anos en primeira persoa o desastre ecolóxico que supuxo o afundimento do Prestige nas nosas costas. Hai 10 anos, nenos e nenas de Aguiño (algúns irmáns e irmás dos "pateiros do Carreiro") ilustraron cos seus debuxos a catástrofe e pediron que non se volvera a producir ¡Nunca máis! . Dez anos despois , esta son algunhas das nosas olladas

martes, 13 de noviembre de 2012

Marea negra

Hoxe cúmplense 10 anos dende que un petroleiro afundeu cerca das nosas costas e encheu as nosas praias de chapapote. Para lembrar esa data e desexar que nunca máis algo así volva a suceder, este foi o titulo escollido na "hora do conto"

jueves, 8 de noviembre de 2012

As mochilas viaxeiras inician a súa andaina

Outro curso máis as mochilas viaxeiras comezan a súa andaina.
Cada quincena visitarán as nosas casas e en compañía das nosas familias poderemos disfrutar dos contos, xogos para ordenador, cd de música, películas,... que o equipo de biblioteca do noso centro seleccionou de entre todos os que ten a nosa amiga a rata Honorata no seu recuncho.
Que ganas teño de que chegue pronto á miña casa!!!!


martes, 6 de noviembre de 2012

Almorzos sans

Xa non tendes excusa para vir sen almorzar polas mañás ao colexio!
Mirade cantos tipos de alimentos distintos temos para elexir: un pouquiño de leite, algo de cereais e unha peza de froita farán que cheguemos con moita forza á escola para xogar e aprender durante toda a xornada.

sábado, 3 de noviembre de 2012

Medrando sans

Levamos moito tempo investigando na aula sobre os alimentos que nos fan medrar fortes e sans.
Fixemos listaxes de alimentos clasificandoos segundo foran lácteos, froitas, carnes, verduras... dependendo se os tomamos no almorzo, na comida,.....
Despois buscamos imaxes deles e elaboramos esta presentación, que vos parece? serán capaces as nosas familias de nomear todas as verduras e hortalizas que aparecen?