Caderno de aula

Caderno de aula dos nenos e nenas de 5 anos do Ceip de Aguiño















sábado, 3 de diciembre de 2011

Chega o Apalpador

Conto do Apalpador






Actividades lim sobre o Apalpador no Barbanza

cliquea no seguinte enlace http://dl.dropbox.com/u/50994681/apalpador.html para empezar a xogar.



Hai uns anos o apalpador visitou o noso colexio e palpou as barriguiñas de todo o profesorado, que lles deixaría nas súas caixiñas?






Dende o Ceip de Arzúa tamén comparten actividades sobre o Apalpador

preme aquí para xogar


A cantar co Apalpador!!!

viernes, 11 de noviembre de 2011

MAGOSTO

Hoxe é 11 de novembro, día de San Martiño, un dos días nos que se adoita celebrar magostos en toda Galicia.
Para celebrar esta data aquí van uns contos e actividades sobre esta festa do outono


Conto "A castañeira"

Preme aqui para poder ver o conto


Video sobre o Magosto




Conto "A castaña que rebentou coa risa"

martes, 25 de octubre de 2011

Samain

Conto "Fiz, o coleccionista de medos"



Canción do Samaín do grupo "Mamá Cabra"



Cantamos a canción de Pelostortos




Bailamos cos esqueletes



Actividade lim para o Samaín

jueves, 15 de septiembre de 2011

Novo curso e moitos cambios

Durante o curso 2011-2012 este blogue de aula aberto a todo o público transfórmase nun blogue de uso restrinxido á aula de E. Infantil de 4 anos. Nel publicaranse entradas que teñan que ver co desenvolvemento das aulas e non será un instrumento de comunicación coas familias.

miércoles, 22 de junio de 2011

FESTA FIN DE CURSO!!!!!

Hoxe acaba o coleeee!!!!!

Que ganas temos de vacacións!!!!
A verdade é que nos encanta estar na escola pero agora xa iamos un pouco cans@s, levamos dende setembro investigando, descubrindo, soñando, compartindo,....e só temos 3 anos !!! (bueno algúns xa fixeron os 4)
Agora toca quedar na cama pola mañá cedo, ir á praia pola tarde coa familia e os amig@s, comer moitos xeados e ir ás festas!!!
Como era o último días os nosos mestres e mestras organizaron unha xincana con actividades como as sillas musicais no pavillón, maquillaxe na entrada de Infantil, culler-noz na entrada de Primaria, pintura no muro, baile na aula de música, circuito no ximnasio, o verme no patio de infantil, globos de auga na pista de futbol... en total eran 10 actividades polas que tivemos que ir pasando organizados en grupos nos que había nenos e nenas de todas as idades e niveles.












Para cando acabamos de pasar por todos estes xogos tiñamos tanta calor que os mestres e mestras repartiron xeados para todos e todas








Que pasedes un verán estupendo, ide á praia, xogade cos amigos e amigas, ......

VÉMONOS EN SETEMBRO.




MILLEIROS DE BICOS !!!!!!!!

lunes, 20 de junio de 2011

Saida á Couso

Despois de tela suspendido o venres hoxe decidímonos e fomos ata Couso para disfrutar da praia de Area Basta. Collemos os nosos caldeiros e palas e o autobús levounos ata o merendeiro onde xogamos a coller piñas, a buscar area "da negra",...







Cansos como estabamos collemos folgos comendo as típicas galletas





e despois comezamos a andar cara á praia de Area Basta pero .... comezou a chuviñar e tivemos que volver para a escola. Pero non pasa nada, para o vindeiro curso volveremos a intentalo!!!!


viernes, 3 de junio de 2011

Xornada de convivencia no CRA de Rianxo

É que non paramos!!! Onte cine e hoxe saída a Rianxo!!!
Como xa sabedes hai uns días foron os nenos e nenas da EEI A Capela os/as que viñeron coñecernos e pasar unha mañá de convivencia no noso cole , pois hoxe fomos nós os/as que nos desprazamos ata Rianxo aceptando o ofrecemento das mestras Sara e Silvia da EEI de Outeiro en Rianxo.

Coñecemos a outros nenos e nenas que compartiron con nós os seus xoguetes e nós con eles e elas o noso almorzo.
Todo neste fermoso patio con tantas árbores!!!


jueves, 2 de junio de 2011

Cine castrexo

Hoxe asistimos a unha sesión de cine moi especial tras recibir unha misteriosa carta na que nos preguntaban polo nome das praias de Aguiño e tamén unhas entradas que decían "cine castrexo".
De alí a un pouco chegou un "acomodador" a buscarnos á aula e antes de entrar na sala de audiovisuais, tivemos que darlle as entradas




A sala estaba moi obscura pero o "acomodador" axudounos encendeno a súa lanterna para indicarnos o asiento que tiñamos que ocupar



Sentada diante da pantalla de proxección estaba unha muller vestida con roupas moi extrañas, como da época en que vivían os castrexos e castrexas.
Ela contounos que lle gustaban moito as nosas praias da Catía e do Castro pero que non sabía por que lles puxeran ese nome. Un amigo seu, o capitán Benito, díxolle que dentro dun paquete que lle dou, estaba a solución á súa pregunta. Pero, que habería nese paquete?





Isto era o que había , un cd que tiña ....




.... pois tiña a historia de Catía, unha rapaza que vivía nun castro ao borde do mar e que un día recibiu a visita das deusas para advertirlle que os homes do seu poboado estaban a acabar con todo o peixe do mar.
As deusas enfadadas mandaron unha tormenta de area que cubriu todo o castro pero afortunadamente Catía conseguíu salvarse coa axuda dos sanxoáns que a suxeitaron para que non afundira na area. Dende entón , a finais do mes de xuño sempre hai sanxoáns que veñen cada ano para que recordemos o que fixeron as deusas enfadadas por culpa daqueles homes que querían acabar con todo o peixe do mar.





Pero ademáis de escoitar esta historia, tamén fixemos xogos na pizarra dixital nos que tiñamos que compoñer o nome de Catía, ordear as secuencias da historia, debuxar o colar que tiña Catía,....





O mellor de todo é que nos vai deixar o cd para que poidamos escoitar a historia de Catía e xogar con ela sempre que queiramos. Xenial!!

martes, 31 de mayo de 2011

Obradoiro coas familias

Que tarde tan especial a que tivemos hoxe!!!
As nosas familias viñeron á escola!!!
Foi xenial, sentáronse nas nosas sillas e traballamos xuntos nunha actividade para compartir cos nenos e nenas do centro ARCE de La font de la Figuera(Valencia) á que lle chamamos "Palabras andarinas". Esta actividade consistía en debuxar as nosas pegadas e escribir nelas palabras en galego para enviarllas a Valencia e que así conozan algo máis da nosa fermosa lingua.
Mirade como os maiores debuxan as pegadas dos cativos e ao revés






Despois as recortamos e escribimos palabras tan bonitas como BOLBORETA, MENCER, XOANIÑA,.....






Despois a profe explicoulle ás nosas familias como usabamos a pizarra dixital todos os días na aula: para compoñer nomes, para pasar lista, para elexir recantos de xogo, para mirar o calendario, para proxectar contos, para realizar actividades de arte, para actividades musicais,..... e tamén para xogar e divertirnos. Mirade que ben o pasan as nosas familias bailando con Elmo!!!






por se queredes repetir a experiencia nas vosas casas aquí van os enlaces a todas as páxinas que utilizamos na aula, pero ollo!! que as pantallas de ordenador das vosas casas non son "máxicas"!!! así que por moito que apretedes co dediño nelas non van funcionar como a da aula, teredes que empregar o rato.
Premede aquí e .... a xogar!!

pizarra máxica


Traviata de Verdi

cabalos cantores

pintamos como Jackson Pollock

castelos de area

zoo de letras

bailamos con Elmo

lunes, 30 de mayo de 2011

Aniversario de Breixo

Hoxe o noso compañeiro Breixo cumpliu 4 anos!!!
Mirade que contento estaba ao poñer a súa vela no mural dos que "xa teñen 4"



e como sempre, a soplar a vela e a desfrutar deste riquísimo biscoito !!!!



PARABENSSSSS!!!!!

sábado, 28 de mayo de 2011

O noso primeiro caderno de Galicia

Como ben sabedes, levamos todo o curso falando dos nosos amigos e amigas de La font de la Figuera (Valencia) aos que coñecimos grazas ao proxecto ARCE "Tece-redes". Eles e elas enviáronos moitos traballos para que coñeceramos as características da súa comunidade (un traxe de fallera, unha paella, libros ,...) e aínda que dende o cole xa se lle teñen mandado moitas cousas para que nos coñezan un pouquiño mellor, dende a nosa aula de 3 anos quixemos mandarlle aos nenos e nenas de 3 anos valencians, un pequeno caderno feito por todos e todas nos que se reflexe a nosa bandeira, o noso escudo, algunhas tradicións, pratos típicos, a nosa arquitectura,...
Velaquí o tendes

viernes, 20 de mayo de 2011

Os nenos e nenas da EEI A Capela veñen visitarnos

Hoxe viñeron visitarnos os nenos e nenas da EEI A Capela xunto coas súas profes Susana e Rosa e claro, sempre que ven un convidado intentamos que se sinta como se estivera na súa casa.
Cando chegaron, a profe Vanesa ensinoulles como era o cole por dentro, tan distinto ao seu, "tan grande" decían eles e elas. Despois xuntámonos todos e todas na biblioteca e alí a profe Teresa contounos o conto "A pota que trota" mentres se proxectaban as imaxes na pantalla




Despois os nenos e nenas de 4 e 5 anos desfilaron cos monicreques que fixeron coa axuda das súas familias ao son do "pirimpimpin"





Pero o que nós non sabiamos era que os nenos e nenas de Carreira tamén tiñan un agasallo para nós pois a profe Rosa contounos un conto que fixeron na súa escola e que se titula "O cumple da mosca chosca" e no que eles e elas son os protagonistas!!!!



e tamén nos trouxeron un conto en powerpoint titulado "Croco" e no que os narradores eran eles e elas!!!



Despois fomos todos e todas ao patio, sentámonos facendo un gran círculo e almorzamos galletas. Ao acabar tod@s xunt@s fomos xogar ao patio.
Esperamos que os nenos e nenas de A Capela disfrutaran este día con nós. Calquera día aparecemos nós en Carreira para devolverlles a visita.