Caderno de aula

Caderno de aula dos nenos e nenas de 5 anos do Ceip de Aguiño















miércoles, 23 de marzo de 2011

Coa primavera, estreamos viseiras

Que sorpresa nos tiñan preparadas hoxe as mestras de E. Infantil!!!!
Viseiras novas para todos e todas!!!!!!!
Que bonitas son !!!!
e ademáis son únicas e exclusivas!!!! a ver se non onde atopades unhas viseiras que digan algo tan típico de aquí como AGUIÑO DE VEZ!!!!



Mirade que guapos e guapas estamos



Xa só queda usalas !!!! Imos ao patio!




martes, 22 de marzo de 2011

21 de marzo, Día da poesía

Mirade que chulo é o autocolante que nos regalaron no cole para celebrar o Día da poesía!!! Está inspirado no conto "Os petos de Loreto" que é un dos nosos preferidos.




E por ser hoxe o Dia da poesía , na "hora de ler" a profe Teresa leunos varios dos poemas que o escritor Xose M. Álvarez Blázquez lle escribiu á súa filla e que recolleu no libro "Roseira do teu mencer"



para que tamén os podades disfrutar na casa aquí vos deixo estes vídeos inspirados na súa obra




lunes, 21 de marzo de 2011

Aniversario de Xacobe

Comezamos a semana con moitas celebracións pois hoxe é o "Día da poesía", empeza unha estación nova, a primavera, e ademáis é o aniversario de Xacobe. Menuda cara nos quedou cando vimos o biscoito que lle fixo a súa tía e que trouxo para compartir con todos e todas!!!!!
Pero antes, coma sempre , fomos cambiar a vela para o mural dos que "xa teñen 4"



despois sopramos as velas



e xa só queda repartir e comer. Bo proveito!!!!!

sábado, 19 de marzo de 2011

Recibimos correspondencia dende Valencia

Como xa sabedes, a nosa aula intercambia correspondencia coa aula de 3 anos do centro C.E.I.P. Mare de Déu dels Xics (La Font de la Figuera-Valencia) dentro do PROXECTO ARCE "TECE-REDES". Nun primeiro contacto mándamoslle unha foto de todos e todas na aula e unha cartiña na que lles demandabamos que se puxeran pronto en contacto porque tiñamos moitas ganas de coñecelos. Pois ben, nesta semana chegounos un paquete dende alí



que tiña dentro moitas cousiñas



unha carta de presentación que nos leu a profe Teresa



un conto con pictogramas




pins para tod@s feitos por eles e elas con fieltro



Tamén nos mandaban cousas que tiñan que ver cunha festa típica de alí que se celebra estes días : as fallas.

Rápidamente nos puxemos a pensar en que lles poderíamos mandar como resposta a tantos agasallos e ocorréusenos que podíamos facer un libro-xogo coas nosas fotos e os nosos nomes para que nos coñeceran mellor. A profe Vanesa nos fixo as fotos, a profe Teresa montou as páxinas cos nomes e as fotos, ata o conserxe Andrés colaborou plastificando e encuadernando!!!!!

A verdade é que quedou tan bonito que a profe dixo que iamos facer outro para poder levalo ás nosas casas por turno e xogar con el.

Agora só quedaba escribir unha cartiña e metela xunto co libro, nunha caixa co resto de traballos que fixeron as outras aulas






Cerramos a caixa. Gustaralles aos nosos amigos e amigas valencións? Seguro que si.

miércoles, 16 de marzo de 2011

Os medios de transporte

Comezamos un novo proxecto de traballo que nos levara a coñecer diferentes medios de transporte e as súas principais características. Traballaremos sobre os medios aéreos, marítimos e sobre todo os terrestres que son nos que nos movemos habitualmente. Deles veremos por onde se desprazan e como o fan, xogaremos cos sinais de tráfico e recoñeceremos as condutas axeitadas cando imos neles e as que non o son.

Para coñecer máis sobre os sinais de tráfico, aquí vos deixo este xogo

domingo, 6 de marzo de 2011

Pasarrúas de Entroido

E por fin chegou o día! Estabamos desexando poñer as nosas capas de feiticeiros celtas e os nosos medallóns de poderes, pero antes tiñamos que poñer un pouquiño de maquillaxe .... Mirade que guap@s estamos!!!!





Xa list@s saímos ao patio onde agardaban o resto dos nenos e nenas do cole cos seus disfraces de músicos celtas, guerreir@s celtas,... ata estaban os guerreiros romanos!!!



E despois de algunha que outra carreiriña, aí van os feiticeiros e feiticeiras polas rúas de Aguiño!!





jueves, 3 de marzo de 2011

Día do obxecto secreto

Que haberá baixo esas teas? Que obxectos estarán aí agachados?
Hoxe era o día en que tod@s tiñamos que traer un obxecto agachado nunha tea e non o podíamos enseñar ata que alguén averiguara de que se trataba. Para iso fixemos un pequeno xogo de adiviñas en que facíamos preguntas e o/a dono/a nos decía si ou non.
A primeira en empezar foi Uxía que dixo que tiña "algo de la cocina, que se pone la fruta en ella y se echa agua". A verdade era que decir o nome do "cachariño" era complicado e a profe Teresa tivo que botar unha manciña....




Pero aínda que o seu principal uso sexa lavar e escorrer froitas e verduras nel, Uxía non dubidou en darlle outros usos



Tod@s fomos decindo pistas para que descubriran os nosos obxectos aínda que algunha delas mais que dar pistas "despistaba", como cando Naín dixo que o seu obxecto era "para ver a tele" e resultou ser unha zapatilla. Houbo pedras, pulseiras, figuriñas, recordos de Cuba, termómetros de xoguete, mandos da tele, campanillas de bronce, bolsos para ir de festa,...






E como enredamos moito cos obxectos secretos logo estivemos algo apurad@s para acabar os antifaces de Entroido, pero ao final casi tod@s conseguimos rematalos a tempo





miércoles, 2 de marzo de 2011

Día da verza

Pero que levan hoxe os pateir@s do Carreiro? Menudos sombreiros! Nin nas carreiras de Ascot locen tan ben!




Pero é que tamén levaban unha verdura ou hortaliza na man. E que poderíamos facer con todas elas? Unha obra de arte? Claro que sí! Xogamos a facer composicións ao igual que Guiseppe Arcimboldo




Deste artista italiano tamén é esta curiosa obra. Mirade con atención, parece un simple fruteiro con verduras e froitas, non si?



e se probamos a darlle a volta á obra, mirade o que ocorre...



Agora nos toca a nós. Primeiro xuntamos todo o que trouxemos





e este é o resultado