Despois do recreo apareceron na nosa aula a mascota da biblioteca , a rata Honorata e o seu amigo o frautista Bautista que nos viñan a convidar á inauguración da nova bibloteca do cole. E claro está, alá fomos.
Que bonita é! Que grande! Cantos libros imos ler alí!!!!!!
Todos e todas sentados no chan escoitamos a historia que nos contaron Honorata e Bautista
Despois a ANPA convidounos a un petisco, carrapito e refresco de laranxa
e antes de marchar para casa agasalláronnos cunha bolsa chulísima para levar libros da biblioteca, cun marcapáxinas e con este precioso autocolante

Foi, ou non un día especial?