Caderno de aula

Caderno de aula dos nenos e nenas de 5 anos do Ceip de Aguiño















viernes, 24 de diciembre de 2010

Gusanitada 2010

Este mércores 22 de decembro era un día especial, acababan as aulas no ano 2010 e tiñamos unha festa na que todos os nenos e nenas de E.Infantil iamos compartir os doces de Nadal que trouxemos das nosas casas. As mesas enchéronse de turrón, polvoróns, bombóns,.... Que rico estaba todo!!!!!




Ás doce en punto apareceu a profe Cris cun bombo e todo o alumnado e profesorado do centro xuntámonos nas escaleiras diante da porta de E. Infantil. Todos e todas levabamos un vasiño con doce gusanitos que non dubidamos en ir comendo ao ritmo que marcaba a profe Cris





E claro, despois de desexarnos Feliz Ano 2011, abrazarnos e bicarnos, chegou o baileee!!!!




¡¡¡¡ FELIZ 2011 !!

martes, 21 de diciembre de 2010

O pesadelo do Apalpador

Como no curso pasado, o Apalpador visita o colexio de Aguiño e nos deixa outra das súas historias.



Moitas grazas á profe Cris (A.L.) por facer esta montaxe tan divertida

sábado, 18 de diciembre de 2010

Obradoiro de adornos de Nadal

Estes días previos ao Nadal andamos facendo unha chea de traballos para participar en certames, para adornar as nosas casas, para compartir cos nenos e nenas das escolas de Asturias, LLeida e Valencia que están con nós no proxecto ARCE...
Non paramos de traballar!!!!
O venres rematamos os adornos para as árbores de Nadal das nosas casas. Mirade que bonitos! Cun vaso de plástico, unhas pegatinas e un chupete de gominola fixemos estes bonitos adornos





Con esta postal, feita en conxunto polas tres aulas de E. Infantil, participamos no certame de postais de Nadal que organiza a Coordinadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.



A árbore feita con chapas de botella de refresco e purpurina a fixemos coa profe Vanesa na aula de Artística.
Gústavos? Pois se queredes a podedes empregar para felicitar as festas aos vosos amigos/as e familia. Entrade en certame de postais e seleccionade a nosa postal e aquelas outras que vos gusten para felicitar o nadal en galego

O Apalpador chega a Aguiño

Hai uns días , no noso cole colgaron un gran poster coa imaxe dun home de barba rubia, un vello xigante que din que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón durante todo o ano para escorrentar o frío do inverno. Ademáis din que no seu tempo libre fai xoguetes artesanais con madeira, pedra, cartón,... respectuosos co medio ambiente. É o Apalpador, ese home que din que aparecía nas casas dos nenos e nenas galegos/as na noite do 31 de decembro e que, despois de apalparlle as barriguiñas para ver se as tiñan cheas, lles deixaba unhas castañas para que non tiveran fame.
Por sorte, nós non pasamos fame nestes tempos pero gustaríanos recuperar esta vella tradición pedídovos que nesa noite lle abramos as portas das nosas casas ao Apalpador para que nos deixe algún froito seco como se foran "os foitos da sorte para o ano novo" e se cadra tamén un xoguetiño feito a man para que os nenos e nenas valoren os materiais de reciclaxe e os estimulemos para facer os seus propios xoguetes.
Cómo? que non sabedes como é o Apalpador? Aquí o tendes

viernes, 10 de diciembre de 2010

Aniversario de Ana

Xa só faltaba ela. Pensaba que non ía dar chegado o día pero este venres ocorreu,
ANA XA TEN 3 ANOS!!!
e coma sempre o celebramos na aula compartindo o biscoito ao que, por suposto, lle puxemos tres veliñas para que as soprara mentras tod@s cantabamos "Parabéns para ti....."






Parabéns compañeira!!!

jueves, 9 de diciembre de 2010

Obradoiro de postais de Nadal

Este curso o noso colexio está inmerso no proxecto ARCE polo que se establecen relacións con outros centros escolares de distintas comunidades autónomas. Baixo o nome de TECE-REDES imos estar durante dous cursos, compartindo experiencias con centros de Asturias, Lleida e Valencia.
Unha das primeiras actividades conxuntas que se van desenvolver é a creación e intercambio de postais de Nadal. Por iso na nosa aula montamos na primeira semana de decembro un obradoiro no que deseñamos postais con diversas técnicas: estampado, picado, collage,...
Aquí estamos "coas mans na masa":



E estas son algunhas das nosas postais que, en poucos días chegarán ás mans doutros nenos e nenas coma nós.
Recibiremos tamén nós algunha postal dende Valencia, Asturias ou LLeida?
Haberá que esperar a ver se chega algo no correo ....

postais de nadal on PhotoPeach

jueves, 2 de diciembre de 2010

Imos ao cine!!!

Hoxe foi un día especial no cole, non fixemos máis que entrar e xa estaba o autobús que nos había de levar a Ribeira esperando por nós.
É que hoxe fomos ao cine a ver unha película de animación en galego
A TROPA DE TRAPO NO PAIS ONDE SEMPRE BRILA O SOL.
Cando chegamos ao Auditorio de Ribeira vimos que reservaran para nós os asientos de adiante de todo , isto de ser os máis pequenos ás veces ten moitas vantaxes. Esperamos a que se enchera o auditorio nas nosas butacas







A película estivo xenial!!! Pasámolo de marabilla!!! Mirade que atentos/as estabamos durante a proxección






Se queredes saber máis da película, podedes ver a súa ficha