Caderno de aula

Caderno de aula dos nenos e nenas de 5 anos do Ceip de Aguiño















viernes, 24 de diciembre de 2010

Gusanitada 2010

Este mércores 22 de decembro era un día especial, acababan as aulas no ano 2010 e tiñamos unha festa na que todos os nenos e nenas de E.Infantil iamos compartir os doces de Nadal que trouxemos das nosas casas. As mesas enchéronse de turrón, polvoróns, bombóns,.... Que rico estaba todo!!!!!




Ás doce en punto apareceu a profe Cris cun bombo e todo o alumnado e profesorado do centro xuntámonos nas escaleiras diante da porta de E. Infantil. Todos e todas levabamos un vasiño con doce gusanitos que non dubidamos en ir comendo ao ritmo que marcaba a profe Cris





E claro, despois de desexarnos Feliz Ano 2011, abrazarnos e bicarnos, chegou o baileee!!!!




¡¡¡¡ FELIZ 2011 !!

martes, 21 de diciembre de 2010

O pesadelo do Apalpador

Como no curso pasado, o Apalpador visita o colexio de Aguiño e nos deixa outra das súas historias.



Moitas grazas á profe Cris (A.L.) por facer esta montaxe tan divertida

sábado, 18 de diciembre de 2010

Obradoiro de adornos de Nadal

Estes días previos ao Nadal andamos facendo unha chea de traballos para participar en certames, para adornar as nosas casas, para compartir cos nenos e nenas das escolas de Asturias, LLeida e Valencia que están con nós no proxecto ARCE...
Non paramos de traballar!!!!
O venres rematamos os adornos para as árbores de Nadal das nosas casas. Mirade que bonitos! Cun vaso de plástico, unhas pegatinas e un chupete de gominola fixemos estes bonitos adornos





Con esta postal, feita en conxunto polas tres aulas de E. Infantil, participamos no certame de postais de Nadal que organiza a Coordinadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.



A árbore feita con chapas de botella de refresco e purpurina a fixemos coa profe Vanesa na aula de Artística.
Gústavos? Pois se queredes a podedes empregar para felicitar as festas aos vosos amigos/as e familia. Entrade en certame de postais e seleccionade a nosa postal e aquelas outras que vos gusten para felicitar o nadal en galego

O Apalpador chega a Aguiño

Hai uns días , no noso cole colgaron un gran poster coa imaxe dun home de barba rubia, un vello xigante que din que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón durante todo o ano para escorrentar o frío do inverno. Ademáis din que no seu tempo libre fai xoguetes artesanais con madeira, pedra, cartón,... respectuosos co medio ambiente. É o Apalpador, ese home que din que aparecía nas casas dos nenos e nenas galegos/as na noite do 31 de decembro e que, despois de apalparlle as barriguiñas para ver se as tiñan cheas, lles deixaba unhas castañas para que non tiveran fame.
Por sorte, nós non pasamos fame nestes tempos pero gustaríanos recuperar esta vella tradición pedídovos que nesa noite lle abramos as portas das nosas casas ao Apalpador para que nos deixe algún froito seco como se foran "os foitos da sorte para o ano novo" e se cadra tamén un xoguetiño feito a man para que os nenos e nenas valoren os materiais de reciclaxe e os estimulemos para facer os seus propios xoguetes.
Cómo? que non sabedes como é o Apalpador? Aquí o tendes

viernes, 10 de diciembre de 2010

Aniversario de Ana

Xa só faltaba ela. Pensaba que non ía dar chegado o día pero este venres ocorreu,
ANA XA TEN 3 ANOS!!!
e coma sempre o celebramos na aula compartindo o biscoito ao que, por suposto, lle puxemos tres veliñas para que as soprara mentras tod@s cantabamos "Parabéns para ti....."






Parabéns compañeira!!!

jueves, 9 de diciembre de 2010

Obradoiro de postais de Nadal

Este curso o noso colexio está inmerso no proxecto ARCE polo que se establecen relacións con outros centros escolares de distintas comunidades autónomas. Baixo o nome de TECE-REDES imos estar durante dous cursos, compartindo experiencias con centros de Asturias, Lleida e Valencia.
Unha das primeiras actividades conxuntas que se van desenvolver é a creación e intercambio de postais de Nadal. Por iso na nosa aula montamos na primeira semana de decembro un obradoiro no que deseñamos postais con diversas técnicas: estampado, picado, collage,...
Aquí estamos "coas mans na masa":



E estas son algunhas das nosas postais que, en poucos días chegarán ás mans doutros nenos e nenas coma nós.
Recibiremos tamén nós algunha postal dende Valencia, Asturias ou LLeida?
Haberá que esperar a ver se chega algo no correo ....

postais de nadal on PhotoPeach

jueves, 2 de diciembre de 2010

Imos ao cine!!!

Hoxe foi un día especial no cole, non fixemos máis que entrar e xa estaba o autobús que nos había de levar a Ribeira esperando por nós.
É que hoxe fomos ao cine a ver unha película de animación en galego
A TROPA DE TRAPO NO PAIS ONDE SEMPRE BRILA O SOL.
Cando chegamos ao Auditorio de Ribeira vimos que reservaran para nós os asientos de adiante de todo , isto de ser os máis pequenos ás veces ten moitas vantaxes. Esperamos a que se enchera o auditorio nas nosas butacas







A película estivo xenial!!! Pasámolo de marabilla!!! Mirade que atentos/as estabamos durante a proxección






Se queredes saber máis da película, podedes ver a súa ficha

jueves, 18 de noviembre de 2010

Día dos dereitos dos nenos e nenas

O día 20 de novembro celebramos o Día dos dereitos dos nenos e das nenas, afortunadamente nós temos unha familia que nos quere, unha casa na que vivir, atención médica cando a precisamos, mestres e mestras que nos enseñan,.... pero non todos os nenos e nenas do mundo poden decir o mesmo.
Para que nunca nos olvidemos do afortunad@s que somos, aquí vos deixo estes vídeos para que os comentedes en familia



As partes da casa

Estes días andamos a traballar as partes da casa e xa todos e todas sabemos que nas casas hai cociña, baño, cuartos de durmir, comedor,...e tamén sabemos qué cousas se fan en cada unha delas.
Esta semana na libreta de investigación estamos pegando imaxes de obxectos que hai no baño e di a profe Teresa que nas vindeiras semanas imos buscar obxectos e mobles que hai nas cociñas, comedores, cuartos de durmir,...
Para que saibamos tamén qué cousiñas hai, ás veces, fóra das casas podemos ver este video que nolo enseña cunha divertida canción


Parabéns Diego

Esta semana estamos que non paramos. Hai dous días celebramos o aniversario de Heitor e hoxe tocoulle o turno a Diego Vidal. Cantamos, cambiamos a vela do mural e, por suposto, compartimos o biscoito que a súa familia trouxo para festexar na escola que Diego xa pertence ao clube dos que "xa teñen tres".



Mirade como se prepara para soplar a vela



Xa está apagada. Parabéns compañeiro!!!!!

martes, 16 de noviembre de 2010

Aniversario de Heitor

Hoxe celebramos na aula o terceiro aniversario de Heitor. Como sempre, cambiamos a vela do mural dos que aínda teñen 2 anos ao dos que xa teñen 3




e sopramos a vela que estaba enriba do riquísimo biscoito que trouxo da súa casa.



Agora só queda cortalo en anacos e comelo. Ten tan boa pinta!!!!



Parabéns compañeiro, que cumplas moitos máis!!!

domingo, 14 de noviembre de 2010

Celebramos o Magosto no cole

Hoxe celebramos a festa do Magosto no cole e viñemos vestid@s de "apañacastañas", que son os homes e mulleres que collen as castañas para logo darllas ao Apalpador para que nolas deixe o fin de ano xunto cos agasallos.
Estabamos tan guap@s!!!!!!






Coas castañas cocidas que trouxemos da casa fixemos "zonchos"





Cans@s como estabamos de tanto enfiar castañas cocidas, fomos buscar unhas poucas castañas asadas para comer





Co profe Telmo e o seu acordeón fomos para a aula para comer as castañas



Temos que dar as grazas á ANPA que nos convidou a refrescos para poder "baixalas".

QUE BOAS ESTABAN!!!!







E en toda festa hai algo que non pode faltar..... O BAILE!!!!!



Pasámolo xenial!!!!!

viernes, 5 de noviembre de 2010

Tempo de outono

Estes días estamos a descubrir as características do outono. Xa nos demos de conta de que as follas das árbores estanse a poñer de cor marrón e que moitas delas xa caeron das árbores porque temos o chan cheíño delas. Tamén empezamos a poñer algunhas prendas de abrigo e mesmo algún día xa encenderon a calefacción no cole porque xa vai algo de frío.
Na aula miramos posters con imaxes de outono e vemos neles que é tempo de apañar castañas, de ir coller cogomelos,...
Para saber algo máis do outono podemos mirar este video:

jueves, 4 de noviembre de 2010

O noso corpo

Despois de investigar todos os obxectos, materias, recantos,... que hay na escola e reflexalo nas nosas libretas de investigación, empezamos a descubrir o noso corpo. Aprendemos como se chaman as partes principais e qué temos que facer para que sempre esté san: lavar as mans, lavar os dentes, non comer moitas "chuches", abrigarse se vai frío, ....
Propóñovos mirar este vídeo mentres decimos como se nomean as partes do corpo na nosa lingua (ombreiro, xeonllo, pescozo ...)


lunes, 1 de noviembre de 2010

Chega o Samaín

Como todos os anos por estas datas, no colexio de Aguiño celebramos o Samaín. Nesta festa, de orixe celta, revivimos a tradición de tallar cabazas e poñerlles unha vela no interior como facían hai moito tempo os celtas coas caveiras dos seus inimigos nun intento de evitar que os mortos viñeran ao mundo dos vivos e os levaran con eles.
Para celebrar esta data fixemos xogos no ximnasio coas nosas linternas buscando polo "cabazolo", que non era outro que o profe Telmo disfrazado, pero que nos dou un sustoooooo!!!!!!
Tamén vimos a proxección do conto "A figueira de Pelostortos" que contaba como uns rapaces se disfrazaron de pantasmas para asustar a Pelostortos para que deixara a vixiancia da súa figueira e poder así comerlle os figos.
E, por suposto, visitamos a exposición de cabazas que fixemos nas casas coa axuda da nosas familias.
Mirade que ben quedaron:

Samaín 2010 on PhotoPeach

miércoles, 27 de octubre de 2010

Participamos no certame "Queremos saudARTE"

A Universidade de Vigo convocou un certame de Arte Postal coa arte e a saúde como fíos condutores. O equipo de E. Infantil do noso centro decidiu participar nel creando diferentes obras que debían ser enviadas por correo postal. Así pois, na nosa aula fixemos 6 tarxetas coa técnica do collage nas que recortamos e pegamos imaxes de alimentos que favorecen que o noso corpo medre san e tamén de obxectos e produtos necesarios para a hixiene do mesmo.
Son estas:





Despois fomos en autobús ata a oficina de correos de Aguiño onde depositamos as nosas tarxetas no buzón para que cheguen canto antes á Universidade de Vigo porque con todas as postais que reciban van facer 3 exposicións (en Vigo, Ourense e Pontevedra) e ademáis entre todos os participantes sortearán diversos materiais culturais. A ver se temos sorte!
Unha vez que selamos as postais e lle pagamos á carteira, saimos ao parque para tomar o almorzo e xogar un pouquiño no parque do lado.
Aquí van as fotos da nosa primeira "excursión":