Caderno de aula

Caderno de aula dos nenos e nenas de 5 anos do Ceip de Aguiño















miércoles, 14 de noviembre de 2012

Nunca máis

"Nunca máis. A ollada da infancia" foi o libro que publicou a editorial Kalandraka cos traballos de nenos e nenas que viviron hai 10 anos en primeira persoa o desastre ecolóxico que supuxo o afundimento do Prestige nas nosas costas. Hai 10 anos, nenos e nenas de Aguiño (algúns irmáns e irmás dos "pateiros do Carreiro") ilustraron cos seus debuxos a catástrofe e pediron que non se volvera a producir ¡Nunca máis! . Dez anos despois , esta son algunhas das nosas olladas

martes, 13 de noviembre de 2012

Marea negra

Hoxe cúmplense 10 anos dende que un petroleiro afundeu cerca das nosas costas e encheu as nosas praias de chapapote. Para lembrar esa data e desexar que nunca máis algo así volva a suceder, este foi o titulo escollido na "hora do conto"

jueves, 8 de noviembre de 2012

As mochilas viaxeiras inician a súa andaina

Outro curso máis as mochilas viaxeiras comezan a súa andaina.
Cada quincena visitarán as nosas casas e en compañía das nosas familias poderemos disfrutar dos contos, xogos para ordenador, cd de música, películas,... que o equipo de biblioteca do noso centro seleccionou de entre todos os que ten a nosa amiga a rata Honorata no seu recuncho.
Que ganas teño de que chegue pronto á miña casa!!!!


martes, 6 de noviembre de 2012

Almorzos sans

Xa non tendes excusa para vir sen almorzar polas mañás ao colexio!
Mirade cantos tipos de alimentos distintos temos para elexir: un pouquiño de leite, algo de cereais e unha peza de froita farán que cheguemos con moita forza á escola para xogar e aprender durante toda a xornada.

sábado, 3 de noviembre de 2012

Medrando sans

Levamos moito tempo investigando na aula sobre os alimentos que nos fan medrar fortes e sans.
Fixemos listaxes de alimentos clasificandoos segundo foran lácteos, froitas, carnes, verduras... dependendo se os tomamos no almorzo, na comida,.....
Despois buscamos imaxes deles e elaboramos esta presentación, que vos parece? serán capaces as nosas familias de nomear todas as verduras e hortalizas que aparecen?



lunes, 29 de octubre de 2012

O Samaín xa esta aquí ....

e para pasar asustar o medo aquí deixo un enlace con varias actividades coas que podedes pasar uns días "arrepiantes", preme aquí


jueves, 25 de octubre de 2012

Receitas terroríficas

Como xa vos teñen comentado os vosos fillos e fillas , unha vez á semana desenvolvemos na aula un obradoiro de cociña. Isto supón poñernos en contacto con novos tipos de texto e libros: as receitas e os libros de cociña.
Agora xa sabemos recoñecer unha receita e o formato da mesma (ingredientes, modo de facelo,...), xa somos quen de cociñar sinxelos platos: batido de amorodo, crema de calabacín con queixo, macedonia de froitas,....
Por se nestas datas do Samaín queredes seguir na cociña , aquí vos deixo unha sinxela "receita terrorífica"

DEDOS CORTADOS 


Ingredientes para 4 persoas:
•1 paquete de salchichas tipo Viena
•8 amendoas laminadas
•4 culleradas de ketchup

Elaboración
1-Cortar un extremo de cada salchicha procurando que quede o máis irregular posible.
2-Facer un corte no outro extremo e inserir en cada salchicha unha lámina de amendoa a modo de"uña".
3-Facer pequenos cortes transversais nas salchichas para marcar os "nudillos"
4-Distribuir as salchichas nun prato coas "uñas" cara fora e poñer ketchup no centro dos extremos partidos.


Tempo de preparación: aprox. 10 minutos

viernes, 21 de septiembre de 2012

A princesa do Caurel

Neste curso, como nos anteriores, imos escoitar e ler moitos contos. Algúns terán protagonistas animais pero outros terán como protagonistas a zapateiros, pallasos, reis e raiñas, bruxas,... O de hoxe ten como protagonista a unha princesa que vivía alá polas fermosas terras do Caurel. Se queres volver a esocitalo , pídelle a túa familia que che leven á biblioteca do cole polas tardes (luns, mércores e xoves, de outubro a maio)e lévao en préstamo para casa. Mentres podes xogar coa princesa e os demais personaxes que aparecen no conto premendo aquí

viernes, 14 de septiembre de 2012

Reunión coas familias

Dende aquí lembrar que o vindeiro martes 18 de setembro haberá unha reunión coas familias ás 16h. na aula. Falaremos de temas relacionados co inicio de curso (horarios, material, normas da aula,...). Como sempre pedimos que intentedes vir sen os vosos fillos e fillas. Grazas pola vosa colaboración.

jueves, 13 de septiembre de 2012

Unha eiruga moi larpeira

Pero como medrastes dende que rematastes o cole en xuño!!!! parece que comestes moito no verán, case tanto como a eiruga do conto de Eric Carle ... Se queredes volver a ler o conto só tendes que acudir a biblioteca do cole polas tardes e poderedes levalo para casa en préstamo (lembrade levar os carnets de socios/as), pero de momento podedes xogar dende a casa coas súas personaxes premendo aquí

domingo, 9 de septiembre de 2012

Volvemos ao coleeeee!!!!!!!!

Xa quedan poucos días para volver ao cole,xa sei que moitos e moitas o estades desexando. Claro, é que este ano seremos da aula de 5 anos!!!! Como sempre o novo curso virá cargado de novidades que pouco a pouco iremos descubrindo pero ainda teredes que agardar ata o xoves 13, que ninguén veña o 12 porque o cole estará pechado por ser festivo local!!!

lunes, 9 de enero de 2012

30 xaneiro: Dia da paz

Contos para a Paz

Pequeno azul e pequeno amarelo



O país dos mandóns



Negros e brancos



Actividade LIM "O Castelo de area"



preme aquí para xogar



Actividade LIM "La paloma MariPaz"



preme aquí para escoitar o conto e realizar as actividades



A cantar pola Paz! karaoke