@s pateir@s do Carreiro
Caderno de aula
Caderno de aula dos nenos e nenas de 5 anos do Ceip de Aguiño
sábado, 15 de junio de 2013
Un experimento "máxico"
Quen se atreve a contar na casa como conseguimos que estas flores brancas cambiaran de cor???
Grazas avoa Mariló por proporcionarnos todo o que necesitamos para axudarnos a entender como o alimento que as plantas toman pola raiz sube polo talo ata chegar as follas. E grazas tamén polo conto!!!
sábado, 8 de junio de 2013
Existen as plantas carnivoras?
Xa sabemos que as plantas necesitan auga, sales minerais , luz do sol,... para medrar, pero poderan "comer" algo máis? Se queres saber que outras cousiñas comen algunhas plantas preme aqui
As fabas máxicas
As plantas tamén aparecen nos contos clásicos. Se queres coñecer a historia das fabas máxicas preme aqui
viernes, 31 de mayo de 2013
Por onde se alimentan as plantas?
con este experimento poderemos entender por onde as plantas toman os alimentos. Se queres descubrilo preme aqui
domingo, 26 de mayo de 2013
Plantas e árbores
Comezamos un novo proxecto sobre as plantas e as árbores. Queremos investigar moito para descubrir como nacen, que comen, que beneficios nos dan,... imos plantar , contar contos, debuxar e xogar coas flores e as plantas. Teremos tempo a facer tanto????
Se queres xogar a plantar preme aqui
e se queres ver o conto no que caillou planta cenorias preme aqui
Se queres xogar a plantar preme aqui
e se queres ver o conto no que caillou planta cenorias preme aqui
lunes, 22 de abril de 2013
miércoles, 14 de noviembre de 2012
Nunca máis
"Nunca máis. A ollada da infancia" foi o libro que publicou a editorial Kalandraka cos traballos de nenos e nenas que viviron hai 10 anos en primeira persoa o desastre ecolóxico que supuxo o afundimento do Prestige nas nosas costas. Hai 10 anos, nenos e nenas de Aguiño (algúns irmáns e irmás dos "pateiros do Carreiro") ilustraron cos seus debuxos a catástrofe e pediron que non se volvera a producir ¡Nunca máis! . Dez anos despois , esta son algunhas das nosas olladas
martes, 13 de noviembre de 2012
Marea negra
Hoxe cúmplense 10 anos dende que un petroleiro afundeu cerca das nosas costas e encheu as nosas praias de chapapote. Para lembrar esa data e desexar que nunca máis algo así volva a suceder, este foi o titulo escollido na "hora do conto"
Marea negra from noalara
jueves, 8 de noviembre de 2012
As mochilas viaxeiras inician a súa andaina
Outro curso máis as mochilas viaxeiras comezan a súa andaina.
Cada quincena visitarán as nosas casas e en compañía das nosas familias poderemos disfrutar dos contos, xogos para ordenador, cd de música, películas,... que o equipo de biblioteca do noso centro seleccionou de entre todos os que ten a nosa amiga a rata Honorata no seu recuncho.
Que ganas teño de que chegue pronto á miña casa!!!!

martes, 6 de noviembre de 2012
Almorzos sans
Xa non tendes excusa para vir sen almorzar polas mañás ao colexio!
Mirade cantos tipos de alimentos distintos temos para elexir: un pouquiño de leite, algo de cereais e unha peza de froita farán que cheguemos con moita forza á escola para xogar e aprender durante toda a xornada.

sábado, 3 de noviembre de 2012
Medrando sans
Levamos moito tempo investigando na aula sobre os alimentos que nos fan medrar fortes e sans.
Fixemos listaxes de alimentos clasificandoos segundo foran lácteos, froitas, carnes, verduras... dependendo se os tomamos no almorzo, na comida,.....
Despois buscamos imaxes deles e elaboramos esta presentación, que vos parece? serán capaces as nosas familias de nomear todas as verduras e hortalizas que aparecen?

martes, 30 de octubre de 2012
lunes, 29 de octubre de 2012
O Samaín xa esta aquí ....
e para pasar asustar o medo aquí deixo un enlace con varias actividades coas que podedes pasar uns días "arrepiantes", preme aquí
jueves, 25 de octubre de 2012
Receitas terroríficas
Como xa vos teñen comentado os vosos fillos e fillas , unha vez á semana desenvolvemos na aula un obradoiro de cociña. Isto supón poñernos en contacto con novos tipos de texto e libros: as receitas e os libros de cociña.
Agora xa sabemos recoñecer unha receita e o formato da mesma (ingredientes, modo de facelo,...), xa somos quen de cociñar sinxelos platos: batido de amorodo, crema de calabacín con queixo, macedonia de froitas,....
Por se nestas datas do Samaín queredes seguir na cociña , aquí vos deixo unha sinxela "receita terrorífica"
DEDOS CORTADOS
•1 paquete de salchichas tipo Viena
•8 amendoas laminadas
•4 culleradas de ketchup
Elaboración
1-Cortar un extremo de cada salchicha procurando que quede o máis irregular posible.
2-Facer un corte no outro extremo e inserir en cada salchicha unha lámina de amendoa a modo de"uña".
3-Facer pequenos cortes transversais nas salchichas para marcar os "nudillos"
4-Distribuir as salchichas nun prato coas "uñas" cara fora e poñer ketchup no centro dos extremos partidos.
Tempo de preparación: aprox. 10 minutos
viernes, 21 de septiembre de 2012
A princesa do Caurel
Neste curso, como nos anteriores, imos escoitar e ler moitos contos. Algúns terán protagonistas animais pero outros terán como protagonistas a zapateiros, pallasos, reis e raiñas, bruxas,... O de hoxe ten como protagonista a unha princesa que vivía alá polas fermosas terras do Caurel. Se queres volver a esocitalo , pídelle a túa familia que che leven á biblioteca do cole polas tardes (luns, mércores e xoves, de outubro a maio)e lévao en préstamo para casa. Mentres podes xogar coa princesa e os demais personaxes que aparecen no conto premendo aquí
viernes, 14 de septiembre de 2012
Reunión coas familias
Dende aquí lembrar que o vindeiro martes 18 de setembro haberá unha reunión coas familias ás 16h. na aula. Falaremos de temas relacionados co inicio de curso (horarios, material, normas da aula,...). Como sempre pedimos que intentedes vir sen os vosos fillos e fillas. Grazas pola vosa colaboración.
jueves, 13 de septiembre de 2012
Unha eiruga moi larpeira
Pero como medrastes dende que rematastes o cole en xuño!!!! parece que comestes moito no verán, case tanto como a eiruga do conto de Eric Carle ...
Se queredes volver a ler o conto só tendes que acudir a biblioteca do cole polas tardes e poderedes levalo para casa en préstamo (lembrade levar os carnets de socios/as), pero de momento podedes xogar dende a casa coas súas personaxes premendo aquí
domingo, 9 de septiembre de 2012
Volvemos ao coleeeee!!!!!!!!
Xa quedan poucos días para volver ao cole,xa sei que moitos e moitas o estades desexando. Claro, é que este ano seremos da aula de 5 anos!!!!
Como sempre o novo curso virá cargado de novidades que pouco a pouco iremos descubrindo pero ainda teredes que agardar ata o xoves 13, que ninguén veña o 12 porque o cole estará pechado por ser festivo local!!!
jueves, 24 de mayo de 2012
viernes, 2 de marzo de 2012
Auga e máis auga
para xogar e aprender moito sobre a auga
o ciclo da auga
un conto
A menina gotinha de água
View more presentations or Upload your own.
lunes, 9 de enero de 2012
30 xaneiro: Dia da paz
sábado, 3 de diciembre de 2011
Chega o Apalpador
Conto do Apalpador
Actividades lim sobre o Apalpador no Barbanza
cliquea no seguinte enlace http://dl.dropbox.com/u/50994681/apalpador.html para empezar a xogar.
Hai uns anos o apalpador visitou o noso colexio e palpou as barriguiñas de todo o profesorado, que lles deixaría nas súas caixiñas?
Dende o Ceip de Arzúa tamén comparten actividades sobre o Apalpador
preme aquí para xogar
A cantar co Apalpador!!!

jueves, 24 de noviembre de 2011
domingo, 20 de noviembre de 2011
viernes, 11 de noviembre de 2011
MAGOSTO
Hoxe é 11 de novembro, día de San Martiño, un dos días nos que se adoita celebrar magostos en toda Galicia.
Para celebrar esta data aquí van uns contos e actividades sobre esta festa do outono
Conto "A castañeira"
Preme aqui para poder ver o conto
Video sobre o Magosto
Conto "A castaña que rebentou coa risa"
Para celebrar esta data aquí van uns contos e actividades sobre esta festa do outono
Conto "A castañeira"
Preme aqui para poder ver o conto
Video sobre o Magosto
Conto "A castaña que rebentou coa risa"
martes, 25 de octubre de 2011
Samain
Conto "Fiz, o coleccionista de medos"
Canción do Samaín do grupo "Mamá Cabra"
Cantamos a canción de Pelostortos
Bailamos cos esqueletes
Actividade lim para o Samaín
Canción do Samaín do grupo "Mamá Cabra"
Cantamos a canción de Pelostortos
Bailamos cos esqueletes
Actividade lim para o Samaín
jueves, 15 de septiembre de 2011
Novo curso e moitos cambios
Durante o curso 2011-2012 este blogue de aula aberto a todo o público transfórmase nun blogue de uso restrinxido á aula de E. Infantil de 4 anos. Nel publicaranse entradas que teñan que ver co desenvolvemento das aulas e non será un instrumento de comunicación coas familias.
miércoles, 22 de junio de 2011
FESTA FIN DE CURSO!!!!!
Hoxe acaba o coleeee!!!!!
Para cando acabamos de pasar por todos estes xogos tiñamos tanta calor que os mestres e mestras repartiron xeados para todos e todas
Que ganas temos de vacacións!!!!
A verdade é que nos encanta estar na escola pero agora xa iamos un pouco cans@s, levamos dende setembro investigando, descubrindo, soñando, compartindo,....e só temos 3 anos !!! (bueno algúns xa fixeron os 4)
Agora toca quedar na cama pola mañá cedo, ir á praia pola tarde coa familia e os amig@s, comer moitos xeados e ir ás festas!!!
Como era o último días os nosos mestres e mestras organizaron unha xincana con actividades como as sillas musicais no pavillón, maquillaxe na entrada de Infantil, culler-noz na entrada de Primaria, pintura no muro, baile na aula de música, circuito no ximnasio, o verme no patio de infantil, globos de auga na pista de futbol... en total eran 10 actividades polas que tivemos que ir pasando organizados en grupos nos que había nenos e nenas de todas as idades e niveles.

Que pasedes un verán estupendo, ide á praia, xogade cos amigos e amigas, ......
VÉMONOS EN SETEMBRO.
MILLEIROS DE BICOS !!!!!!!!
martes, 21 de junio de 2011
lunes, 20 de junio de 2011
Saida á Couso
Despois de tela suspendido o venres hoxe decidímonos e fomos ata Couso para disfrutar da praia de Area Basta. Collemos os nosos caldeiros e palas e o autobús levounos ata o merendeiro onde xogamos a coller piñas, a buscar area "da negra",...
Cansos como estabamos collemos folgos comendo as típicas galletas
e despois comezamos a andar cara á praia de Area Basta pero .... comezou a chuviñar e tivemos que volver para a escola. Pero non pasa nada, para o vindeiro curso volveremos a intentalo!!!!

viernes, 3 de junio de 2011
Xornada de convivencia no CRA de Rianxo
É que non paramos!!! Onte cine e hoxe saída a Rianxo!!!
Como xa sabedes hai uns días foron os nenos e nenas da EEI A Capela os/as que viñeron coñecernos e pasar unha mañá de convivencia no noso cole , pois hoxe fomos nós os/as que nos desprazamos ata Rianxo aceptando o ofrecemento das mestras Sara e Silvia da EEI de Outeiro en Rianxo.
Coñecemos a outros nenos e nenas que compartiron con nós os seus xoguetes e nós con eles e elas o noso almorzo.
Todo neste fermoso patio con tantas árbores!!!

jueves, 2 de junio de 2011
Cine castrexo
Hoxe asistimos a unha sesión de cine moi especial tras recibir unha misteriosa carta na que nos preguntaban polo nome das praias de Aguiño e tamén unhas entradas que decían "cine castrexo".
De alí a un pouco chegou un "acomodador" a buscarnos á aula e antes de entrar na sala de audiovisuais, tivemos que darlle as entradas
A sala estaba moi obscura pero o "acomodador" axudounos encendeno a súa lanterna para indicarnos o asiento que tiñamos que ocupar
Sentada diante da pantalla de proxección estaba unha muller vestida con roupas moi extrañas, como da época en que vivían os castrexos e castrexas.
Ela contounos que lle gustaban moito as nosas praias da Catía e do Castro pero que non sabía por que lles puxeran ese nome. Un amigo seu, o capitán Benito, díxolle que dentro dun paquete que lle dou, estaba a solución á súa pregunta. Pero, que habería nese paquete?
Isto era o que había , un cd que tiña ....
.... pois tiña a historia de Catía, unha rapaza que vivía nun castro ao borde do mar e que un día recibiu a visita das deusas para advertirlle que os homes do seu poboado estaban a acabar con todo o peixe do mar.
As deusas enfadadas mandaron unha tormenta de area que cubriu todo o castro pero afortunadamente Catía conseguíu salvarse coa axuda dos sanxoáns que a suxeitaron para que non afundira na area. Dende entón , a finais do mes de xuño sempre hai sanxoáns que veñen cada ano para que recordemos o que fixeron as deusas enfadadas por culpa daqueles homes que querían acabar con todo o peixe do mar.
Pero ademáis de escoitar esta historia, tamén fixemos xogos na pizarra dixital nos que tiñamos que compoñer o nome de Catía, ordear as secuencias da historia, debuxar o colar que tiña Catía,....
O mellor de todo é que nos vai deixar o cd para que poidamos escoitar a historia de Catía e xogar con ela sempre que queiramos. Xenial!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)