Caderno de aula

Caderno de aula dos nenos e nenas de 5 anos do Ceip de Aguiño















miércoles, 27 de octubre de 2010

Participamos no certame "Queremos saudARTE"

A Universidade de Vigo convocou un certame de Arte Postal coa arte e a saúde como fíos condutores. O equipo de E. Infantil do noso centro decidiu participar nel creando diferentes obras que debían ser enviadas por correo postal. Así pois, na nosa aula fixemos 6 tarxetas coa técnica do collage nas que recortamos e pegamos imaxes de alimentos que favorecen que o noso corpo medre san e tamén de obxectos e produtos necesarios para a hixiene do mesmo.
Son estas:





Despois fomos en autobús ata a oficina de correos de Aguiño onde depositamos as nosas tarxetas no buzón para que cheguen canto antes á Universidade de Vigo porque con todas as postais que reciban van facer 3 exposicións (en Vigo, Ourense e Pontevedra) e ademáis entre todos os participantes sortearán diversos materiais culturais. A ver se temos sorte!
Unha vez que selamos as postais e lle pagamos á carteira, saimos ao parque para tomar o almorzo e xogar un pouquiño no parque do lado.
Aquí van as fotos da nosa primeira "excursión":


No hay comentarios:

Publicar un comentario