Caderno de aula

Caderno de aula dos nenos e nenas de 5 anos do Ceip de Aguiño















jueves, 28 de abril de 2011

Inauguramos a nova biblioteca!!!

A profe xa nos contara de que hoxe se celebraba o día do libro e que ía ser un día especial e vaia que foi!!!
Despois do recreo apareceron na nosa aula a mascota da biblioteca , a rata Honorata e o seu amigo o frautista Bautista que nos viñan a convidar á inauguración da nova bibloteca do cole. E claro está, alá fomos.
Que bonita é! Que grande! Cantos libros imos ler alí!!!!!!
Todos e todas sentados no chan escoitamos a historia que nos contaron Honorata e Bautista





Despois a ANPA convidounos a un petisco, carrapito e refresco de laranxa



e antes de marchar para casa agasalláronnos cunha bolsa chulísima para levar libros da biblioteca, cun marcapáxinas e con este precioso autocolante



Foi, ou non un día especial?

No hay comentarios:

Publicar un comentario