Caderno de aula

Caderno de aula dos nenos e nenas de 5 anos do Ceip de Aguiño















miércoles, 27 de octubre de 2010

Os primeiros días na escola

Levamos pouco tempo na escola e aínda estamos dexubrindo todo o que hai nela pero das cousas que levamos visto o que máis nos gusta é xogar nos recantos, sobre todo no da casiña aínda que os puzzles tamén son dos nosos preferidos.

Recanto dos puzles


Recanto das construccións


Recanto do xogo simbólico






Despois de xogar temos que recoller todo e deixalo no seu sitio e aínda que iso xa non gusta tanto sempre o facemos porque dice a profe Teresa que se deixamos todo "ciscado" que logo o pisamos e rompe e así imos quedar sen cousiñas para xogar; tamén nos di que se se deixan as cousas no seu sitio sempre se sabe onde están.


Chega a hora do almorzo, hoxe toca tomar alimentos do grupo dos lácteos. Ai que caras cheas de iogur !!!!



Outro dos lugares que nos gusta moito, aínda que non a tod@s por igual, é o patio. Alí xogamos co bambán, dentro da casiña, subimos na moto, baixamos polo tobogán, xogamos cos caldeiros e palas,...


Mirade que ben o pasamos!


1 comentario:

  1. que ben estan todos nas fotos nótase que o pasan moi ben, pero é unha pena que xa non poida estar eu aí para velos nos recreos. espero que o sigades pasando así de ben
    un bico

    ResponderEliminar