Durante estas últimas semanas estivemos traballando sobre os alimentos. Falamos do que tomamos para almorzar na casa, do que traemos para "petiscar" no cole, do que nos gusta moito, do que non nos gusta nada,... Lemos moitos contos que tiñan relacion cos alimentos, como estes
Unha das actividades que fixemos foi agrupar e clasificar alimentos. Coa axuda de folletos de publicidade dos supermercados seleccionamos e recortamos imaxes de alimentos ( ai! que a fregona e o caldeiro non son para comer!!! ) e despois os clasificamos por grupos: froitas, carnes, peixes e mariscos, lácteos,... e por último pegamos estas imaxes no mural correspondente
Tamén vimos videos en internet sobre a elaboración das conservas, este traballo non nos é de todo descoñecido porque algunha das nosas nais traballan nesas fábricas a limpar, cortar e poñer o peixe nas latas
Agora xa sabemos que os ovos veñen das galiñas e como di Xacobe "se non quitamos os ovos... ven a quica vella e os tira abaixo" e logo non podemos facer a tortilla; tamén di Sergio que se queremos xamón ou chourizo "témosllo que pedir ao porco", e que para que poidamos comprar o leite no super di Juan que "ten que ir o granxeiro e levala alí despois de quitarlla ás vacas".
Tamén escoitamos as rimas da señora galiña, que foi ao mercado e trouxo un cestiño ..... Aquí vola deixo por se a queredes aprender
No hay comentarios:
Publicar un comentario