Neste cole temos de todo!!! Aula de audiovisuais onde ver películas, biblioteca onde ler contos e buscar información, ximnasio e pavillón polideportivo onde facer xogos para que o noso corpo medre forte e san, aula de Artística onde dar renda solta á nosa creatividade, aula de Música onde cantar e danzar, aula de informática onde achegarnos ás TIC,... e o mellor é ......
QUE AS USAMOS TODAAASSSSS!!!!!
Haberá outros coles con nen@s tan afortunados como nos ?
Dende hai varias semanas os venres imos á aula de informática para achegarnos ao uso dos ordenadores. Ao primeiro costounos un pouco facernos co rato, a verdade é que era dificil collelo coas nosas manciñas!!! e clicarlle no botón esquerdo sen facelo no dereito , ufff!!! pero pouco a pouco aprendemos a mover o rato, a clicar e arrastrar imaxes,... Cando subimos á aula de informática a profe Teresa ao tempo que xogamos sen darnos de conta aprendemos a asociar cantidade e número, a recoñecer as formas xeométricas planas,... pero o que máis nos gusta é colorear imaxes. Mirade que traballiños pasabamos ao principio:
E mirade agora , xa somos uns expert@s!!!!!!
Que feitiños todos!! Estes nun ano xa empezan co Photoshop!! :D
ResponderEliminarnon lles deas ideas que sabe Deus que son capaces de facer coa foto da profe, jejejeje
ResponderEliminar