Caderno de aula

Caderno de aula dos nenos e nenas de 5 anos do Ceip de Aguiño















jueves, 3 de marzo de 2011

Día do obxecto secreto

Que haberá baixo esas teas? Que obxectos estarán aí agachados?
Hoxe era o día en que tod@s tiñamos que traer un obxecto agachado nunha tea e non o podíamos enseñar ata que alguén averiguara de que se trataba. Para iso fixemos un pequeno xogo de adiviñas en que facíamos preguntas e o/a dono/a nos decía si ou non.
A primeira en empezar foi Uxía que dixo que tiña "algo de la cocina, que se pone la fruta en ella y se echa agua". A verdade era que decir o nome do "cachariño" era complicado e a profe Teresa tivo que botar unha manciña....




Pero aínda que o seu principal uso sexa lavar e escorrer froitas e verduras nel, Uxía non dubidou en darlle outros usos



Tod@s fomos decindo pistas para que descubriran os nosos obxectos aínda que algunha delas mais que dar pistas "despistaba", como cando Naín dixo que o seu obxecto era "para ver a tele" e resultou ser unha zapatilla. Houbo pedras, pulseiras, figuriñas, recordos de Cuba, termómetros de xoguete, mandos da tele, campanillas de bronce, bolsos para ir de festa,...






E como enredamos moito cos obxectos secretos logo estivemos algo apurad@s para acabar os antifaces de Entroido, pero ao final casi tod@s conseguimos rematalos a tempo





No hay comentarios:

Publicar un comentario