que tiña dentro moitas cousiñas
unha carta de presentación que nos leu a profe Teresa
un conto con pictogramas
pins para tod@s feitos por eles e elas con fieltro
Tamén nos mandaban cousas que tiñan que ver cunha festa típica de alí que se celebra estes días : as fallas.
Rápidamente nos puxemos a pensar en que lles poderíamos mandar como resposta a tantos agasallos e ocorréusenos que podíamos facer un libro-xogo coas nosas fotos e os nosos nomes para que nos coñeceran mellor. A profe Vanesa nos fixo as fotos, a profe Teresa montou as páxinas cos nomes e as fotos, ata o conserxe Andrés colaborou plastificando e encuadernando!!!!!
A verdade é que quedou tan bonito que a profe dixo que iamos facer outro para poder levalo ás nosas casas por turno e xogar con el.
Agora só quedaba escribir unha cartiña e metela xunto co libro, nunha caixa co resto de traballos que fixeron as outras aulas
Cerramos a caixa. Gustaralles aos nosos amigos e amigas valencións? Seguro que si.
No hay comentarios:
Publicar un comentario